Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Miércoles, 4 de septiembre de 2019 | Leída 15 veces

O goberno local proporá ao Pleno concluír dous proxectos do Plan Especial do IES Agra de Leborís con fondos do Pos+ Adicional

O asunto foi sometido hoxe a ditame da Comisión Informativa. Abrirase unha nova estrada e crearase unha pista polideportiva...

No Concello da Laracha celebrarase o próximo luns un Pleno extraordinario ao que se elevará a proposta do grupo de goberno de destinar os fondos do POS+Adicional ao financiamento da fase final de execución de dous proxectos contemplados no plan especial de equipamentos educativos do IES Agra de Leborís. Este asunto foi sometido hoxe ao correspondente ditame da Comisión Informativa de Asuntos Xerais do Pleno.

 

Actualmente xa está rematada a fase inicial –consistente na adecuación do terreo- dos dous proxectos que se están a acometer na parte posterior do instituto e que suporán a construción de pistas polideportivas e a apertura dun novo viario que enlazará a Avenida Manuel Fraga coa 1ª Travesía Doutor López Astray.

 

A proposta do grupo de goberno é destinar a achega que ao Concello da Laracha lle corresponde no marco deste programa provincial –máis a correspondente aportación municipal- para completar dous proxectos previstos nese ámbito, o que suporá unha mellora substancial tanto nas comunicacións rodadas como das infraestruturas deportivas de uso libre a disposición da cidadanía na capital municipal.

 

A plataforma da nova vía terá unha anchura de 16 metros. A estrada será de dobre sentido de circulación e, ademais da pavimentación da zona de rodadura, contémplanse no proxecto beirarrúas, espazos de aparcamento de vehículos, canalizacións soterradas de todos os servizos (pluviais, abastecemento, saneamento, electricidade, telecomunicacións e iluminación pública) e a correspondente sinalización.

 

Pola súa  parte, a pista polideportiva terá unhas dimensións de 42x25 metros con outros dous metros de seguridade. Lonxitudinalmente será marcadas as liñas de xogo para a práctica de fútbol sala e, transversalmente, dúas canchas de baloncesto. A infraestrutura contará con iluminación e cun peche perimetral de malla.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress