Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Lunes, 2 de septiembre de 2019 | Leída 14 veces

Os socialistas da Laracha minten sobre o control das avespas velutinas no termo municipal da Laracha

A nova mostra do atrevida que é a ignorancia que nos acaban de ofrecer os socialistas da Laracha parécenos especialmente grave porque están a lanzar en público unha mensaxe que en absoluto se corresponde coa realidade sobre un tema tan sensible como o control da avespa velutina...

Os socialistas da Laracha minten cando afirman que o concello non ten medios para retirar os niños de avespa velutina. A dotación económica municipal é suficiente para asumir os gastos e atender todas e cada unha das emerxencias. En calquera caso, se fose preciso incrementala o concello faríao. A transferencia de crédito aprobada era sobre a partida orzamentaria para a posta en funcionamento do novo centro de emerxencias municipal, o que se realizará en 2020.

 

Os datos falan por si mesmos. Ata o día de hoxe déronse 230 avisos no que vai de ano e deles foron retirados 225 niños. Os 5 niños detectados e que restan por eliminar sitúanse a gran altura, en árbores ubicadas en puntos dificilmente accesibles por emprazarse en zonas de monte e densas arboredas, polo que a intervención require do uso de grúas e dun estudo previo para acceder e, por tanto, de maior tempo de organización.

 

Ademais, o concello investiu en prevención realizando desde o inicio da primavera campañas informativas dirixidas á poboación en xeral sobre a avespa velutina, colocando trampas en puntos estratéxicos e distribuíndo centos de trampas caseiras e líquido atraínte entre a veciñanza.

 

Tamén desde o concello se levan a cabo programas dirixidos á mocidade para animar ós rapaces a incorporarse á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil. Grazas a eles estanse realizando a inmensa maioría das intervencións para a eliminación de niños de velutina en 24-48 horas. Por iso o Partido Popular da Laracha agradece o seu traballo e esforzo.

 

Os socialistas da Laracha minten cando afirman que se reduciu o gasto municipal na Agrupación de Voluntarios de Protección Civil, xa que aportación neste ano incrementarase nun 50% con respecto ó exercicio anterior.

 

Desde o PP da Laracha esiximos ós socialistas maior altura política, seriedade e que non distribúan bulos nos medios de comunicación coa intención de enganar á poboación creando infundadas alarmas sociais.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress