Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Sábado, 31 de agosto de 2019 | Leída 13 veces

Galicia gañou 12.391 habitantes en 2018 grazas aos movementos migratorios, un 85% máis que o ano anterior, segundo o IGE

A chegada de inmigrantes (42.757) volveu superar ás emigracións (30.366) por terceiro ano consecutivo. É o maior saldo migratorio positivo desde o ano 2008. As catro provincias galegas rexistraron saldo migratorio positivo...

[Img #49417]

 

Galicia gañou un total de 12.391 habitantes grazas aos movementos migratorios do ano 2018, o que supón un incremento do 85% respecto ao ano anterior, segundo reflicte a explotación de movementos migratorios publicada onte polo Instituto Galego de Estatística (IGE).

 

No ano 2018, a chegada de inmigrantes a Galicia –doutras comunidades autónomas ou do estranxeiro- ascendeu a 42.757 persoas. Esta cifra superou amplamente o número de emigracións, que se situou en 30.366 persoas. A diferencia entre estas entradas e saídas denomínase saldo migratorio, un indicador que en 2018 foi positivo en 12.391 persoas.

 

Os datos do IGE publicados hoxe indican que Galicia rexistrou en 2018 saldo migratorio positivo por terceiro ano consecutivo, cun incremento do 85% en comparación co saldo migratorio do ano 2017, que foi de 6.683 persoas. Ademais, é o maior saldo migratorio positivo que rexistra Galicia desde o ano 2008.

 

Este aumento é debido ao forte incremento da entrada de novos residentes en Galicia procedentes doutras comunidades autónomas ou do estranxeiro, que aumentou un 16% sobre as cifras de 2017, mentres que os cambios de residencia desde Galicia ao exterior mantivéronse estable, posto que o aumento respecto ao ano anterior foi do 0,4%.

 

En total, no ano 2018 pasaron a residir en Galicia 24.183 persoas do estranxeiro e 18.574 persoas doutras comunidades autónomas, mentres que mudaron a súa residencia 11.168 persoas ao estranxeiro e 19.198 persoas a outras comunidades autónomas.

 

Saldo positivo nas catro provincias

En canto á distribución provincial, as cifras do organismo autonómico indican que as catro provincias galegas rexistraron saldo migratorio positivo no ano 2018. A diferencia entre entradas e saídas foi positiva tanto nas provincias atlánticas -6.155 habitantes en A Coruña e 3.319 persoas en Pontevedra- como nas provincias orientais: 1.708 persoas en Ourense e 1.209 habitantes na provincia de Lugo

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress