Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Sábado, 31 de agosto de 2019 | Leída 40 veces

Almuiña visita as obras do Punto de Atención Continuada da Laracha, que está previsto que comece a funcionar en setembro

Nesta nova instalación sanitaria da rede pública galega, o Sergas inviste máis dun millón de euros. Conta cunha superficie de máis de 600 metros cadrados e beneficiará a preto de 16.000 habitantes da Laracha e Cerceda, ámbito de cobertura do PAC...

[Img #49413]

O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, visitou onte pola mañá os traballos de ampliación do centro de saúde para a construción do Punto de Atención Continuada da Laracha (A Coruña). A obra, que está a piques de rematarse co obxectivo de que esta instalación comece a funcionar no mes de setembro, supón un investimento por parte do Goberno galego de 1.070.608 euros, e beneficiará a preto de 16.000 habitantes de Laracha e Cerceda, aos que dá cobertura o PAC. Ademais da obra, o PAC contará cun equipamento novo, xa licitado, e dispoñible para a data prevista de apertura ao longo do vindeiro mes de setembro, por un importe de 74.000 euros.

 

En total, no concello da Laracha aténdese a preto de 10.700 habitantes, dos que, ao redor de 1.200, están en idade pediátrica.

 

O novo Punto de Atención Continuada da Laracha constrúese ao carón do centro de saúde. Esta instalación da rede sanitaria pública galega terá unha superficie de 613 metros cadrados e contará cunha sala de reanimación e observación, dúas consultas de medicina xeral, unha consulta de enfermería, unha consulta polivalente, recepción, dormitorios e sala de descanso para o persoal de garda, entre outras dependencias.

 

A infraestrutura visitada hoxe polo conselleiro, permitirá liberar os espazos do centro de saúde para, deste xeito, cubrir as necesidades detectadas para a atención ordinaria.

 

Eficiencia medio ambiental

O obxectivo na construción foi realizar un edificio cun material de orixe natural, cuxo proceso produtivo en relación a outros produtos industrializados ofrece menos residuos, require un baixo consumo enerxético e respecta a natureza e o medio ambiente, e pódese dicir que é 100% renovable.

 

Tívose, pois, en conta, a eficiencia medio ambiental do edificio, procurando achegarse aos parámetros de consumo case nulo que en breve serán de aplicación obrigatoria para os edificios públicos.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress