Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Sábado, 31 de agosto de 2019 | Leída 59 veces

Adro de Vilaño entrega un cheque solidario de 850 euros a Cáritas

Trátase dos donativos procedentes da Andaina Saudable e Solidaria organizada durante IV Carreira Popular do Apóstolo, o pasado 20 de xullo...

[Img #49412]

 

Membros da directiva da Asociación Cultural Adro de Vilaño fixeron entrega a Cáritas de A Laracha dun cheque solidario por valor de 850 euros procedentes do evento deportivo e solidario que organizaron o pasado 20 de xullo en Vilaño e que congregou a preto de 1000 persoas na súa cuarta edición. Arsilia Sánchez, xunto co párroco Manuel Boullón (ambos representantes da organización benéfica) recolleron o cheque o pasado martes 27 de agosto no Adro de Vilaño da man de Rubén Mallo, secretario da asociación.

 

Esta recaudación foi posible gracias ao éxito de participación na Andaina Saudable e Solidaria que contou con 450 persoas entre adultos e nenos, dos cales a metade da recaudación das inscripcións fixeron realidade este cheque.

 

Desta forma a asociación consegue un dos seus obxectivos, que é axudar directamente as familias máis necesitadas do concello. Cabe destacar que desde a primeira edición foron entregados un total de 2.430 euros a ditos fins solidarios.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress