Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Jueves, 29 de agosto de 2019 | Leída 38 veces

A Xunta impartirá novos cursos gratuítos de condución segura de motocicletas nas dúas últimas fins de semana de setembro

Estes cursos terán lugar o sábado, 21 de setembro, en Ferrol; o domingo, 22, en Santiago; o sábado, 28, en Vilagarcía de Arousa; e o domingo, 29, en Vigo. As actividades están dirixidas aos usuarios de todo tipo de motocicletas, incluídos aqueles con permiso de conducir B+3, A1, A2 e A que queiran mellorar o control da moto dun xeito máis seguro e eficiente. Esta edición consta de 160 prazas, polo que en cada localidade celebraranse dous cursos, un pola mañá e outro pola tarde. A Xunta, que vén impulsando estes cursos dende 2017, xa levou este ano as xornadas formativas a Monforte de Lemos, Lalín, Santiago de Compostela ou Vigo. A Axencia Galega de Infraestruturas conta coa colaboración da Unión de Moteros Europeos, Pons Seguridad Vial e da Escuela Nacional de Conducción de Motocicletas para a organización desta iniciativa...

[Img #49402]

 

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade impartirá novos cursos gratuítos de condución segura de motocicletas as dúas últimas fins de semanas de setembro.

 

O prazo de inscrición nestas xornadas formativas abrirá o vindeiro 2 de setembro, a partir das 9 horas. No seguinte enlace pódese ampliar a información sobre estas actividades e enviar o correspondente formulario para inscribirse: https://cursos.mutuamotera.org/

 

Estes cursos terán lugar o sábado, 21 de setembro, en Ferrol; o domingo, 22, en Santiago; o sábado, 28, en Vilagarcía de Arousa; e o domingo, 29, en Vigo.

 

As actividades están dirixidas aos usuarios de todo tipo de motocicletas, incluídos aqueles con permiso de conducir B+3, A1, A2 e A que queiran mellorar o control da moto dun xeito máis seguro e eficiente.

 

Esta edición consta de 160 prazas, polo que en cada localidade celebraranse dous cursos, un pola mañá e outro pola tarde. Cada grupo estará integrado por un máximo duns 20 alumnos co fin de poder ofrecer a formación nunhas condicións óptimas.

 

A formación constará dunha parte teórica, na que se abordarán asuntos como o equipamento para a protección individual, o estado e mantemento da motocicleta, as situacións de risco como a climatoloxía adversa, as freadas, os xiros ou os adiantamentos.

 

Os asistentes tamén levarán estes conceptos á práctica coa realización de manobras en parado, accións de axilidade e equilibrio, freadas, traxectorias e un itinerario final que inclúe todos os movementos anteriores.

 

A Axencia Galega de Infraestruturas conta coa colaboración da Unión de Moteros Europeos, Pons Seguridad Vial e da Escuela Nacional de Conducción de Motocicletas para a organización desta iniciativa.

 

O Goberno galego comezou a impartir este tipo de cursos no ano 2017, xa que a seguridade viaria é unha materia estratéxica e prioritaria, con especial atención aos usuarios máis vulnerables das estradas, os peóns, ciclistas e tamén o colectivo de motoristas.

 

Cómpre lembrar que este ano a Xunta xa impartiu estes cursos en Monforte de Lemos, Lalín, Santiago de Compostela ou Vigo.

 

Estas accións de sensibilización forman parte do Plan de Seguridade Viaria 2016-2020, que engloba un conxunto de medidas e liñas de traballo que teñen como obxectivo reducir a sinistralidade viaria.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress