Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Jueves, 29 de agosto de 2019 | Leída 38 veces

Galicia solicita ao Ministerio de Facenda unha reunión urxente do Consello de Política Fiscal e Financeira para solucionar de xeito inmediato os impagos ás Comunidades Autónomas

O conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez, lembra que Galicia ten que recibir 700 millóns de euros, dos cales 530 están incluídos nos Orzamentos en vigor. A Xunta demanda que o Goberno central dea explicacións no Consello de Política Fiscal e Financeira por ser o órgano multilateral que reúne a todas as CC.AA. O conselleiro insiste en que son recursos “que xa están recadados polo Goberno” e que teñen que ser transferidos ás Comunidades Autónomas. “Os nosos hospitais, os nosos centros de ensino e os nosos centros de servizos sociais non están en funcións”, advertiu o titular da Facenda galega...

[Img #49400]

 

A Comunidade Autónoma de Galicia solicita que o Ministerio de Facenda convoque “de xeito urxente e inmediato” o Pleno do Consello de Política Fiscal e Financeira (CPFF), para solucionar os impagos que mantén o Goberno central coas administracións autonómicas, e que no caso de Galicia ascenden este ano a 700 millóns de euros.

 

O conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez, vén de informar que a Consellería de Facenda solicitará hoxe por carta ao Ministerio de Facenda que convoque á maior brevidade posible o CPFF, por ser este o órgano multilateral que reúne a todas as Comunidades Autónomas. A Xunta demanda que o Goberno central dea canto antes as explicacións oportunas sobre os impagos que mantén coas Comunidades Autónomas por ter bloqueada a actualización das entregas a conta, e informe das medidas que vai levar a cabo para desbloquear esta retención de fondos.

 

Valeriano Martínez lembrou que Galicia ten que recibir este ano 700 millóns de euros, dos cales 530 millónes están incluídos nos Orzamentos en vigor. O conselleiro insistiu en que son recursos “que son das Comunidades Autónomas, que xa están recadados polo Goberno” e que polo tanto “teñen que ser transferidos ás Comunidades Autónomas”. “Os nosos hospitais, os nosos centros de ensino e os nosos centros de servizos sociais non están en funcións”, advertiu o titular da Facenda galega.

 

Na súa intervención, o conselleiro recordou que a Xunta de Galicia xa trasladou hai máis dun ano esta problemática á ministra de Facenda, e tamén destacou que o Parlamento de Galicia –cun amplo consenso e ningún voto en contra– aprobou en xullo unha iniciativa para instar ao Goberno central a transferir estes recursos a Galicia.

 

Finalmente, Valeriano Martínez incidiu en que el mesmo trasladou por carta este problema á ministra de Facenda no mes de xullo, así como a necesidade de que o Ministerio de Facenda solvente estes impagos, sen que ata o momento se teña recibido contestación.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress