Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Jueves, 29 de agosto de 2019 | Leída 55 veces

O Concello organiza un programa xuvenil a desenvolver nas Fragas do Aume centrado na posta en valor da natureza a través das novas tecnoloxías

Do 13 ao 15 de setembro. Inscricións no Concello ata o 6 de setembro. Dirixido a mozos de idades comprendidas entre os 14 e os 30 anos. Realizarase coa colaboración da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia...

[Img #49396]

 

O Concello da Laracha organizará e desenvolverá do13 ao 15 de setembro un programa xuvenil centrado na dinamización e posta en valor do patrimonio natural a través das oportunidades que ofrecen as novas tecnoloxías.

 

A iniciativa vai dirixida a mozos de idades comprendidas entre os 14 e os 30 anos, que poderán anotarse de xeito gratuíto no Concello ata o 6 de setembro. As prazas dispoñibles serán outorgadas por estrita orde de inscrición.

 

O programa consistirá nunha saída de tres días ás Fragas do Eume, onde se realizarán actividades como rutas de sendeirismo e xogos de orientación nos que se potenciará o traballo en grupo. Durante a estadía os mozos recibirán formación no emprego de apps como Wikiloc (realización de rutas) e participarán nun concurso de fotografía natural. Para iso deberán  realizar fotos e subilas á conta de Instagram @xuventudedalaracha. As tres que reciban maior número de likes serán as gañadoras e os seus autores recibirán cámaras deportivas como premio.

 

Por tanto, o programa presenta unha dobre vertente innovadora ao ofrecer formación sobre o uso das novas tecnoloxías (en móbiles, tabletas e ordenadores) e que os participantes adquiran a capacidade de transmitir e divulgar a información obtida.

 

Este proxecto que promove o Concello da Laracha desenvolverase coa colaboración da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia ao abeiro das axudas destinadas ás entidades locais para a posta en marcha de iniciativas dirixidas á mocidade durante o ano 2019 (DOG número 23 do 1 de febreiro de 2019).

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress