Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Miércoles, 28 de agosto de 2019 | Leída 19 veces

A Xunta convoca os premios de Artesanía de Galicia 2019 para recoñecer e visibilizar o labor do sector artesán galego

As categorías dos galardóns son o Premio Artesanía de Galicia, dotado con 9.000 euros; o Premio Traxectoria, de carácter honorífico; e a Bolsa Eloy Gesto, cunha contía de 4.000 euros, que promove a formación especializada dos máis mozos nun centro de prestixio. O prazo de presentación de solicitudes estará aberto desde o 14 de setembro ata o 21 de outubro...

[Img #49394]

A Consellería de Economía, Emprego e Industria vén de convocar os Premios Artesanía de Galicia 2019 co obxectivo de recoñecer un ano máis a mellora continua no labor dos profesionais do sector artesán galego e contribuír ao seu desenvolvemento económico e á súa visibilización. O prazo de recepción de solicitudes estará aberto desde o vindeiro día 14 de setembro ata o 21 de outubro.

 

Os galardóns, dotados cun importe total de 13.000 euros, contan con tres categorías: Premio Artesanía de Galicia 2019, dotado con 9.000 euros; Premio Traxectoria, de carácter honorífico; e a Bolsa Eloy Gesto, cun importe de 4.000 euros para investir en formación especializada nun centro de prestixio.

 

Este certame contribúe a poñer en valor o sector artesán galego, así como a divulgar o traballo dos profesionais entre a sociedade; potenciar a creatividade; promover a captación do talento dentro do sector, facendo fincapé na incorporación dos artesáns máis novos a través do apoio á súa formación especializada; e a impulsar o relevo xeracional ao tempo que se aposta pola introdución da innovación e do deseño nos procesos de produción.

 

O Premio Artesanía de Galicia está dirixido a obradoiros artesáns inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia. Premiarase a obra que represente as liñas desexadas para unha artesanía competitiva no mercado actual como son o deseño, a adaptación ou a conservación das técnicas e valores tradicionais máis característicos da artesanía galega, a incorporación ás tendencias actuais, a innovación, a boa presentación e a calidade da obra.

 

O Premio Traxectoria ten carácter honorífico e trátase dun premio outorgado polo propio sector. O obxectivo é recoñecer a traxectoria profesional consolidada dun profesional da artesanía galega, a súa contribución á posta en valor e á promoción da artesanía galega, a calidade do seu traballo, así como o seu compromiso coa divulgación e coa transmisión pedagóxica dos principais valores positivos do sector. O galardón está dirixido a artesáns en activo ou retirados que estean ou estiveran inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia e cunha actividade mínima e demostrable de 20 anos. As candidaturas poderanas presentar obradoiros rexistrados, asociacións profesionais de artesáns de Galicia ou outras entidades públicas ou privadas.

 

A través da Bolsa Eloy Gesto a Xunta busca potenciar o relevo xeracional no sector, o acceso de novos talentos á artesanía e a súa profesionalización. Premiarase a candidatura que presente unha proposta para a súa formación nun centro formativo ou nun obradoiro artesanal de referencia no eido da artesanía e do deseño. Valorarase o carácter innovador do proxecto, a transferencia de coñecemento que se pretende acadar con esa formación, a incorporación das novas tecnoloxías, o currículo da persoa candidata e a potencialidade de incorporación desta formación para a elaboración dun produto artesanal innovador. Tamén se terá en conta o grao de madurez, a calidade na presentación da proposta, así como a colaboración entre distintas actividades artesanais. Poderán participar todos os artesáns inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia cunha idade máxima de 40 anos no ano 2019.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress