Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Domingo, 25 de agosto de 2019 | Leída 41 veces
A LARACHA

O Concello programa un setembro diferente e entre iguais nas bibliotecas municipais

En colaboración coa Xunta de Galicia e do Pacto de Estado contra la violencia de género. Haberá 9 contacontos e espectáculos de maxia dirixidos ao público infantil...

[Img #49377]

O Concello da Laracha desenvolve ao longo de todo o ano unha ampla programación municipal cultural dirixida a todos os públicos pero incidindo especialmente na infancia e na mocidade, ofrecéndolles aos máis cativos actividades de ocio que ao mesmo tempo son educativas e, ademais, favorecen a conciliación da vida persoal, laboral e familiar dos seus pais.

 

Así, no próximo mes porase en marcha por primeira vez Un setembro diferente, un setembro entre iguais en colaboración co programa de dinamización da lectura Ler conta moito -que a Xunta de Galicia impulsa no marco da Rede de Bibliotecas de Galicia- e co cofinanciamento do Pacto de Estado contra la violencia de género.

 

Un setembro diferente, un setembro entre iguais desenvolverase nas tres bibliotecas públicas do municipio (A Laracha, Paiosaco e Caión), que acollerán entre os días 3 e 20 do próximo mes un total de nove eventos (contacontos, títeres, espectáculos de maxia, etc.) con perspectiva de xénero dirixidos ao público infantil.

 

Os obxectivos esenciais do programa, que son complementarios entre si, céntranse na promoción da lectura entre os máis cativos, a educación en valores e a sensibilización sobre a importancia da igualdade entre homes e mulleres a nivel social e persoal.

 

A relación de eventos, lugares de realización e horarios é a seguinte

Biblioteca municipal da Laracha

  • Mércores 4 (11:30 h): Non máis princesas, con Pedro Brandariz. Dirixido a maiores de 3 anos.
  • Xoves 12 (18:00 h): A música da auga, co Bardo Abelardo. Dirixido a maiores de 5 anos.
  • Venres 20 (18:00 h): A aventura de Daniela Pirata, de Donde viven los cuentos. Dirixido a bebés.

 

Biblioteca municipal de Paiosaco

  • Venres 6 (11:30 h): Diagnosticando a igualdade, con Caxoto. Dirixido a maiores de 4 anos.
  • Martes 10 (18:00 h): Maxia de catro a catro, co Mago Bugarín. Dirixido a maiores de 5 anos.
  • Martes 17 (18:00 h): A reconquista, contacontos teatralizado de Antía Yáñez. Dirixido a maiores de 3 anos.

 

Biblioteca municipal de Caión

  • Martes 3 (11:30 h): Iguais diferentes, de Expresión Producións. Dirixido a maiores de 4 anos.
  • Venres 13 (18:00 h): Unha maxia diferente, co Mago Paco. Dirixido a maiores de 3 anos.
  • Mércores 18 (18:00 h): Contando números, contando cores, con Pablo Díaz. Dirixido a maiores de 4 anos.

 

En todos os eventos, a entrada será libre e gratuíta ata completar aforo.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress