Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Sábado, 24 de agosto de 2019 | Leída 72 veces
A LARACHA

Hoxe sábado, A Laracha Rock a partir das 22:30 horas na explanada fronte á biblioteca municipal

Baixo a organización do Concello da Laracha. Acompañan á larachesa banda Ambigüo no cartel Zënza (Cerceda), Stoyka (Vigo) e Screams on Sunday (Madrid)...

[Img #49369]

Hoxe sábado a partir das 22:30 horas celebrarase na explanada fronte a biblioteca municipal a terceira edición do festival A Laracha Rock, un evento de referencia nos últimos anos co que o Concello da Laracha ofrece a oportunidade ás bandas locais de mostrar o seu traballo á veciñanza, ademais de incorporar no cartel a grupos chegados doutras localidades españolas.

 

Nesta ocasión a representación local será a cargo da banda larachesa de indie rock Ambigüo, coa voz de Pablo Cuadrado, Fredy Besteiro e Dave Hernández á guitarra, o baixista Suso Lennon e Sebastián Fariña á batería. No pasado mes de marzo presentaran Amanita, o seu primeiro disco.

 

Desde o veciño municipio de Cerceda chegarán Zënzar, a histórica formación de punk rock que leva en activo desde finais dos anos ’80.

 

O quinteto vigués de rock alternativo Stoyka será un dos principais reclamos do festival A Laracha Rock co seu último traballo, Sheer | Soft | Sharp, definido como unha fusión psicodélico-progresiva na que o indie, o jazz y o stoner conflúen como tres afluentes no seu actual son.

 

Pecha o cartel o grupo madrileño Screams on Sunday, cun estilo musical que funde o rock alternativo con pop-rock.

 

A asistencia a A Laracha Rock é gratuíta para o público.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress