Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Viernes, 23 de agosto de 2019 | Leída 189 veces
ARTEIXO

'A maxia do noso' está en Arteixo no tráiler – exposición de vivamos como galegos!

A proposta lúdica que A Maxia do Noso trae para a veciñanza arteixá inclúe actividades como: saber quen é o máis repunantiño, gozar da verbena, participar no primeiro 'escape room' itinerante de Galicia, tomar parte en sorteos, levar agasallos e visitar todas as actividades que agocha o museo rodante de Vivamos como galegos!...

[Img #49364]

 

Os dous andares do tráiler – exposición Vivamos como Galegos! de Supermercados Gadis transportan de todo este ano. Dentro, os visitantes atoparanse desde o espírito da verbena, ao repunantiñómetro, o libro máxico, o clásico futbolín e tamén o museo das 12 edicións da campaña. Pero por se iso non abondara, esta edición permite participar no primeiro escape room itinerante de Galicia. A cita con toda esta diversión inclúe sorteos e agasallos. Poderase visitar hoxe xoves 22 de agosto en Arteixo na Avenida de Finisterre fronte a Oficina de Turismo de 12:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 21:00 horas.

 

O tráiler – exposición conta con tres espazos diferenciados: a zona exterior, na que está o photocall cun palco ambientado a xeito de verbena con instrumentos inchables e o son da 'cumbia verbeneira', e dous andares. No primeiro hai catro actividades: o repunantiñómetro, o libro máxico, o futbolín, e unha área que acolle o escape room. Xa no segundo andar o protagonismo é para os 12 anos de campañas de Vivamos como Galegos! a xeito de exposición visual. Neste espazo cóntase cun recuncho dedicado a poñer en valor os 14 premios que ten recibido esta campaña, incluídos os tres Mestre Mateo cos que foi recoñecida.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress