Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Jueves, 22 de agosto de 2019 | Leída 54 veces

Entregados os premios da 6ª edición de A Laracha de Tapas aos establecementos e aos consumidores

Na Casa da Cultura da Laracha. Os premios aos locais ascenden a 750 euros e repartíronse 69 agasallos aos consumidores...

[Img #49359]

 

Nun acto desenvolvido na Casa da Cultura da Laracha, o tenente alcalde, José Ramón Martínez Barbeito, e a concelleira Rocío López entregaron os premios da sexta edición do concurso A Laracha de tapas.

 

O Concello repartiu 750 euros nas dúas categorías de premios aos doce establecementos participantes. Os gañadores foron:

 

  • 1º premio do xurado profesional (300 €): Café Bar Nuevo Marchica (Faceira glasada ao romeu).
  • 2º premio do xurado profesional (250 €): O Noso Café (Roliño de verán).
  • Premio do xurado popular (200 €): Café Bar Aqua (Tosta terra e mar).

 

Cabe lembrar que os membros do xurado profesional foron os bloggers gastronómicos  José Antonio Domínguez (www.rutasyrestaurantes.com), Antonio Doce (www.eloctopuslarpeiro.com) e Rubén López Urdí (www.caminantedelplaneta.com).

 

O xurado popular formárono todos os clientes que depositaran os seus votos nas urnas habilitadas para tal fin nos locais participantes. En total foron rexistrados 1.165 votos válidos e entre todos eles foron sorteados 69 agasallos cedidos polos propios establecementos participantes e as empresas colaboradoras (Estrella Galicia, Bodegas Carballo, Almacenes Cancela, Prolimbe e Fernández e Carro).

 

Durante o outono o Concello da Laracha ten previsto organizar as rutas de tapas nas vilas de Paiosaco e de Caión.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress