Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Sábado, 17 de agosto de 2019 | Leída 19 veces
CAMBRE

El Cine de Verán vuelve a Cambre con la proyección de las películas Coco y Dhogs

O Cine de Verán volve a Cambre ca proxección das películas Coco e Dhogs...

O Concello de Cambre ofrece, durante os meses de verán, unha infinidade de actividades de lecer e cultura para todos os públicos. Un dos próximos eventos programados será o ciclo Cine de Verán, que nesta ocasión contará coa proxección de dúas películas os días 23 e 24 de agosto. A actividade conta coa colaboración da Deputación da Coruña.

 

Por unha banda, o venres 23 de agosto ás 22:30 horas, o Parque da Igrexa de Cambre acollerá a proxección da película de animación Coco (2017). Coco acumula numerosos premios, entre eles o Óscar á Mellor película de animación. En caso de condicións meteorolóxicas adversas, a actividade trasladarase ao Local dá Terceira Idade de Cambre.

 

Ao día seguinte, o sábado 24 de agosto ás 22:30 horas, será a quenda da película Dhogs (2017) que se proxectará no Centro Sociocultural do Graxal. Trátase dun filme independente en lingua galega dirixido por Andrés Goteira. A pesar de ser a primeira produción do director, Dhogs conseguiu ata 13 galardóns nos Premios Mestre Mateo.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress