Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Sábado, 17 de agosto de 2019 | Leída 24 veces

A presenza de postes da rede de telefónica impide o avance de obras públicas

As obras afectadas son a ampliación da calzada entre A Areosa e A Balsa, a mellora da estrada en Villamir e a construción do novo PAC. O Concello ten solicitado hai meses o aliñado ou eliminación dos postos para poder continuar coa execución das obras...

[Img #49342]

A primavera e o verán son, polas súas condicións climatolóxicas, as épocas do ano máis favorables para o desenvolvemento de actuacións de mellora da rede viaria. Dous dos proxectos destas características que o Concello ten en fase de execución desde hai varios meses están actualmente paralizados por causas alleas á xestión municipal e debido á presenza de infraestruturas da rede de Telefónica na calzada.

 

Unha desas actuacións localízase na parroquia de Vilaño e consiste na ampliación da estrada que comunica A Areosa con A Balsa. O Concello xa acometeu o ancheamento da plataforma, para o que foi preciso construír muros de escollera e instalar elementos de seguridade. A última fase das obras, referida á pavimentación da calzada e que permitirá a plena apertura á circulación da vía, non pode acometerse pola existencia de tres postes de telefonía no sector ampliado que non foron aliñados cos novos muros de escollera, tal e como foi solicitado polo Concello a Telefónica o pasado 3 de maio.

 

Unha situación similar estase a producir co proxecto de mellora da estrada no lugar de Villamir (parroquia de Soandres), onde as obras tamén están paradas neste caso pola presenza na calzada dun único poste.

 

A terceira actuación afectada é promovida polo Servizo Galego de Saúde e trátase da construción do novo punto de atención continuada (PAC) da Laracha, onde outro poste permanece no solar dificultando as obras que están xa na súa fase final. O Concello solicitou en diferentes ocasións a retirada desa infraestrutura da rede de Teléfonica –as últimas, o 20 de xuño e o 16 de xullo- sen que se realizaran os traballos a día de hoxe.

 

O Concello da Laracha lamenta que a falta de atención por parte de Telefónica aos requirimentos municipais estean a supoñer importantes retrasos en obras que son de interese xeral para a veciñanza.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress