Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Miércoles, 14 de agosto de 2019 | Leída 35 veces

O Concello insta á Deputación da Coruña a acometer as actuacións de poda e mantemento das árbores da estrada DP-1913

Os tramos urbanos na capital municipal son as Avenidas de Caión e Doutor López Astray. A follaxe está alcanzando as fachadas das vivendas, ocultando a sinalización viaria e dificultando a circulación dos vehículos...

[Img #49324]

 

A estrada DP-1913 é unha das vías vertebradoras das comunicacións rodadas no termo municipal. Os seus tramos urbanos ao paso polo casco urbano da Laracha son as Avenidas de Caión e Doutor López Astray que, como é común nas estradas de titularidade provincial, están flanqueados por árbores plataneiros (Platanus x hispanica) tamén no núcleo de A Cheda e ata o lugar de Os Muíños, xa na parroquia de Coiro.

 

Cada ano o Concello da Laracha solicita á Deputación da Coruña a inclusión desta estrada no plan de mantemento e conservación das vías provinciais, desenvolvéndose os traballos oportunos de poda das árbores na época axeitada, normalmente no primeiro trimestre ou a principios da primavera. Neste ano ditos traballos non se levaron a cabo e iso supón que na actualidade as polas e as follas invadan parte das beirarrúas e da calzada, coas molestias que iso xera aos residentes na zona, aos peóns e aos vehículos que circulan por este lugar. A follaxe das árbores tamén está chegar ás fachadas dos edificios, oculta parte da sinalización viaria e mesmo obriga aos vehículos de gran tamaño (autobuses e camións) a circular polo centro da calzada invadindo parte do carril contrario, xa que se trata dunha vía de dobre sentido, pero que é estreita.

 

Despois de que o goberno local o solicitase verbalmente en reiteradas ocasións, o pasado día 5 de xuño o Concello da Laracha remitiu un escrito ao servizo de vías e obras da Deputación da Coruña explicándolle a situación e reclamando que se tomasen as medidas oportunas para solucionala por motivos de seguridade viaria. A día de hoxe, máis de dous meses despois, non se respondeu ese escrito nin se acometeron os traballos solicitados.

 

O Concello da Laracha insta publicamente á Deputación da Coruña a realizar ditos traballos de poda das árbores e lamenta a desatención por parte do ente provincial dun servizo básico que afecta a unha zona céntrica do núcleo urbano da capital que, ademais de acoller a igrexa parroquial, establecementos comerciais e vivendas particulares, tamén conforma o inicio das vías principais de acceso desde A Laracha cara Lendo e Caión por un extremo e a Coiro e Soandres polo outro.

 

[Img #49325]

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress