Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Martes, 13 de agosto de 2019 | Leída 51 veces

Café Bar Aqua, Nuevo Marchica e O Noso Café, premiados na 6ª edición do concurso a Laracha de tapas

O Concello reparte 750 euros en premios entre as categorías do xurado popular e o profesional. Foron despachadas unhas 12.000 tapas. Os gañadores dos regalos aos consumidores publicaranse mañá na páxina de Facebook do Concello...

A sexta edición do concurso A Laracha de tapas celebrada do venres ao domingo baixo a organización do Concello volveu ser un rotundo éxito de participación. Durante as tres xornadas doce locais ofreceron por 1,50 euros elaboracións orixinais e de calidade que foron altamente valoradas polo público consumidor. En total foron despachadas unhas 12.000 tapas ao longo da fin de semana.

 

A criterio do xurado profesional a mellor tapa e, polo tanto, o primeiro premio (300 euros) foi para a “Faceira glasada ao romeu” do Café Bar Nuevo Marchica, situado na Avenida Fisterra. O segundo premio, dotado con 250 euros, foi para o “Roliño de verán” de O Noso Café (rúa Rosalía de Castro).

 

Os membros do xurado profesional foron os bloggers gastronómicos  José Antonio Domínguez (www.rutasyrestaurantes.com), Antonio Doce (www.eloctopuslarpeiro.com) e Rubén López Urdí (www.caminantedelplaneta.com).

 

O xurado popular formárono todos os clientes que depositaran os seus votos nas urnas habilitadas para tal fin nos locais participantes. En total foron rexistrados 1.165 votos válidos (debían estar selados por tres locais diferentes), dos cales 231 foron para a creación do Café Bar Aqua “Tosta Terra e Mar”, a mellor valorada polo público e que, por tanto, leva un premio de 200 euros.

 

Todas as persoas que emitiron o seu voto participan no sorteo dos 69 regalos doados polos establecementos participantes e as empresas colaboradoras. A relación de gañadores farase pública ao longo da xornada de mañá martes na páxina de Facebook do Concello da Laracha.

 

O Concello da Laracha amosa unha vez máis a súa satisfacción por alcanzar a sexta edición de A Laracha de tapas e consolidar este concurso como unha excelente oportunidade para dar un impulso ao sector comercial local e crear un escaparate para que os locais de hostalería da capital municipal poidan darse a coñecer e mostrar ao público a calidade tanto das súas creacións como do servizo que ofertan durante todo o ano.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress