Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Domingo, 11 de agosto de 2019 | Leída 21 veces

A Laracha liderará un proxecto europeo centrado na crise migratoria

Baixo o título Fortalecendo unha Europa solidaria en tempos de migración e no marco do programa Europe for citizens. Foi o cuarto proxecto mellor valorado entre os preto de 300 presentados. Os socios serán municipios e entidades de 20 países europeos...

[Img #49313]

 

O Concello da Laracha continúa aproveitando as oportunidades que ofrece a Unión Europea para fomentar as relacións entre municipios de diferentes países no ámbito continental e potenciar a participación cívica dos seus cidadáns no marco do programa Europe for Citizens.

 

Nesta ocasión o Concello da Laracha liderará o proxecto Strengthening a Europe of solidarity in times of migration (Fortalecendo unha Europa solidaria en tempos de migración), que obtivo a cuarta mellor puntuación de entre os preto de trescentos programas presentados no ámbito europeo, dos cales 160 pasaron á fase de valoración e unicamente 18 foron aprobados pola Unión Europea.

 

Os socios serán 21 municipios e entidades de 20 países europeos diferentes (España, Alemaña, Bulgaria, Croacia, Eslovaquia, Finlandia, Francia, Grecia, Hungría, Irlanda, Italia, Letonia, Lituania, Malta, Países Baixos, Polonia, Portugal, República Checa, Rumanía e Suecia).

 

A temática céntrase en acadar respostas á crise migratoria que se vive actualmente en Europa desde os valores da comprensión, a integración e a creación de novos puntos de vista para comprendela e afrontala. Farase a través do diálogo e da reflexión social para contribuír a mellorar a comprensión cidadá da Unión Europea, a súa historia e diversidade, ademais de fomentar a participación democrática en relación ás políticas de migración e promover o voluntariado e o compromiso intercultural. De feito, a cuestión exposta tratarase como un proceso participativo no que os cidadáns, as asociacións civís e os representantes políticos serán partes activas no desenvolvemento de propostas que ofrezan solucións ao problema.

 

A diversificación e estruturación do programa de traballo articularase a través da organización de cinco eventos transnacionais a desenvolver na Laracha e Irlanda, Lituania, Malta e Croacia entre os meses de outubro de 2019 e xuño de 2020, nos que se desenvolverán conferencias impartidas por expertos, visitas de estudo a entidades de acción social, mesas redondas coa participación de profesionais dos diferentes sectores, obradoiros multimedia que promovan o debate e dinámicas de inmersión intercultural. Os métodos de traballo apostarán por facilitar o coñecemento intercultural impulsando o diálogo e favorecendo a reflexión. Cada un dos eventos xirará en torno a unha temática vinculada á migración e aos movementos creados arredor dela para paliar os seus efectos negativos.

 

En definitiva, Fortalecendo unha Europa solidaria en tempos de migración proporcionará ferramentas para apoiar o sentido de pertenza da cidadanía á Unión Europea e promover a visión obxectiva e clara da realidade continental habitando un mesmo espazo no que reine a comprensión, o respecto e a solidariedade.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress