Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Sábado, 10 de agosto de 2019 | Leída 20 veces

A Xunta acorda cos sindicatos traballar de xeito conxunto para identificar medidas que garantan o emprego industrial e o futuro do sector enerxético en Galicia

O Goberno autonómico comprométese a solicitar reunións con Endesa, a ministra para a Transición Ecolóxica e o comisario europeo en materia de Enerxía. Pedirá o establecemento dunha exención das medidas fiscais, que se fixen retribucións específicas nos casos que se utilice, por exemplo, biomasa forestal para o funcionamento das centrais ou a eliminación do céntimo verde ao carbón, ademais de abordar os mecanismos de CO2...

[Img #49309]

 

A Xunta traballará de xeito conxunto cos sindicatos CCOO, UGT e CIG para identificar medidas que garantan o emprego industrial e o futuro do sector enerxético en Galicia. Así se acordou esta mañá en Santiago de Compostela tras a xuntanza na que participaron a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, e o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, con responsables destes sindicatos para avaliar a situación da central térmica de Endesa-As Pontes.

 

A Xunta expresou a súa preocupación pola política enerxética do Goberno central que está tendo un importante impacto social na Comunidade, afectando ao emprego e á actividade económica como está a ocorrer en Meirama, no conxunto da industria electrointensiva ou no propio caso das Pontes, que leva preto de catro meses de parálise.

 

O Goberno autonómico trasladou aos sindicatos o seu compromiso de manter unha actitude activa na defensa dos traballadores e da actividade da central. Neste sentido, preto de 750 familias están afectadas na comarca de Ferrolterra entre traballadores directos da empresa, auxiliares e transportistas. Ao redor de 200 empresas dependen do transporte do carbón desde o porto de Ferrol á central térmica. Os afectados xa teñen trasladado ao Goberno autonómico a súa preocupación xa que estas empresas asumiron recentemente unha importante renovación da súa flota, na súa confianza lexítima en Endesa e o Goberno de España para axustarse aos plans de redución de emisións. Substituíron os vehículos por outros novos, máis potentes e menos contaminantes, tal e como lles solicitou Endesa dentro do seu plan de redución de emisións. Vehículos, ademais, que polas súas características -moi específicas e adaptadas ao carbón- non poden ser dedicados a outros transportes.

 

Ante esta situación, Xunta e sindicatos coincidiron en que hai que adoptar decisións e instaron á corresponsabilidade de Goberno e compañía para atopar solucións. Así, a Administración autonómica solicitará tanto a Endesa, como á ministra para a Transición Ecolóxica e ao comisario europeo en materia de Enerxía reunións para avanzar en medidas que garantan o futuro desde o punto de vista enerxético e do emprego e axuden a paliar os efectos da transición enerxética. Así, solicitarase o establecemento dunha exención das medidas fiscais, que se fixen retribucións específicas nos casos que se utilice, por exemplo, biomasa forestal para o funcionamento das centrais ou a eliminación do céntimo verde ao carbón, ademais de abordar os mecanismos de CO2.

 

A Xunta alertou de que de non corrixir a situación actual das centrais, nun futuro próximo estas perderían a súa capacidade provocando un déficit na produción enerxética e un problema de subministración.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress