Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Sábado, 10 de agosto de 2019 | Leída 14 veces

O Concello abre un novo proceso de selección dun xefe de brigada contra incendios forestais

Permitirá crear unha nova cuadrilla que se unirá á que xa está operativa desde o 1 de agosto. O prazo de presentación de instancias rematará o martes día 20 de agosto...

O Concello da Laracha abriu onte o novo procedemento de selección dun xefe de brigada contra incendios forestais e de creación dunha bolsa de emprego para a contratación laboral temporal de brigadistas de prevención, vixilancia e defensa contra incendios forestais. As bases poden consultarse na web municipal.

 

Este novo procedemento selectivo faise despois da renuncia das persoas que quedaran na lista de reserva de xefes de brigada na oposición desenvolvida na primeira quincena de xullo e ante a necesidade de cubrir dita praza para formar a nova cuadrilla tralo desenvolvemento das probas de selección dos dous peóns e dous peóns condutores completada no día de onte.

 

As persoas aspirantes ao posto de xefe de brigada deben estar en posesión dalgunha das seguintes titulacións: Enxeñeiro de Montes, Enxeñeiro Técnico Forestal, técnico superior en xestión e organización de recursos naturais e paisaxísticos, técnico en traballos forestais e conservación do medio natural ou formación profesional equivalente. Tamén deben posuír o carné de conducir B en vigor.

 

A selección do persoal laboral temporal realizarase mediante un procedemento áxil que respectara en todo caso os principios de igualdade, merito, capacidade, publicidade, transparencia, obxectividade, eficacia, eficiencia e axilidade. As probas selectivas serán polo sistema de concurso-oposición libre.

 

O prazo de presentación de instancias é de cinco días hábiles, polo que rematará o martes día 20 de agosto –o venres 16 é festivo local-.

 

Desde o pasado 1 de agosto no Concello da Laracha –co apoio da Consellería de Medio Rural- está operativa unha brigada completa. O desenvolvemento deste novo procedemento selectivo permitirá crear a segunda, reforzando así o traballo que se está a levar a cabo na prevención, vixilancia e defensa contra incendios forestais no termo municipal.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress