Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Viernes, 9 de agosto de 2019 | Leída 30 veces

Unha trintena de nenos participan na segunda quenda do campamento urbano

De idades comprendidas entre os 3 e os 7 anos. Realizan actividades educativas, deportivas e ludo-recreativas no pavillón do IES Agra de Leborís, ademais dunha saída a Ponteceso para visitar o Melga...

[Img #49301]

 

O Concello da Laracha continúa desenvolvendo o programa de actividades de verán, que inclúe propostas especialmente dirixidas aos nenos como medio de ofrecerlles a eles alternativas para o aproveitamento do seu tempo libre e, aos seus pais, unha axuda para a conciliación da vida persoal, familiar e laboral durante as vacacións do verán.

 

Nesta semana estase a desenvolver a segunda quenda do campamento urbano dirixido a nenos de idades comprendidas entre os tres e os sete anos. Desde o pasado luns e ata mañá venres están a realizar diversas actividades educativas, deportivas e ludo-recreativas nas instalacións do pavillón do IES Agra de Leborís durante toda a mañá, desde as 9:00 ata as 14:00 horas.

 

Como proposta educativa complementaria, tamén realizan unha saída a Ponteceso para visitar o Museo Etnolúdico de Galicia (Melga).

 

Nesta segunda quenda participan unha trintena de nenos nados entre os anos 2012 e 2016. Na primeira quenda, realizada a principios de xullo, participaran outros 26 nenos do mesmo grupo de idade.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress