Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Viernes, 9 de agosto de 2019 | Leída 24 veces

O Concello e Sogama entregaron 75 composteiros domésticos á veciñanza da Laracha

De xeito gratuíto e ás persoas que solicitaron formar parte do programa. É unha das iniciativas que se desenvolve co obxectivo de reducir o volume de residuos sólidos urbanos que se xeran no municipio...

[Img #49300]

 

Nun acto celebrado na tarde de onte na Casa da Cultura da Laracha o Concello e a Sociedade Galega de Medio Ambiente (Sogama) fixeron entrega dos setenta e cinco composteiros aos veciños que solicitaran previamente formar parte deste programa que ten por finalidade a reciclaxe da materia orgánica en orixe para reducir a carga de residuos sólidos urbanos depositados no colector xenérico verde, evitando darlle un tratamento que polas características do material non é necesario.

 

No acto, persoal técnico de Sogama impartiu unha sesión informativa sobre o correcto emprego dos composteiros e tamén se entregou a cada beneficiario da iniciativa un manual de uso en papel.

 

As persoas que empregarán estes composteiros domésticos -cedidos de xeito gratuíto- contribuirán ao respecto ao medio ambiente e tamén obterán beneficios a nivel económico de xeito indirecto ao poder empregar como abono o compost producido.

 

O alcalde, José Manuel López Varela, e o tenente alcalde, José Ramón Martínez Barbeito, apuntaron que cada ano no Concello da Laracha son depositadas unhas 3.700 toneladas de residuos sólidos urbanos no contedor xenérico e que o gasto da recollida, transporte e tratamento ascende a 300.000 euros. Por iso destacaron a necesidade de tomar medidas tanto desde as administracións como desde as propias vivendas para reducir estas cifras. Nese sentido, os representantes do goberno local agardan que a implantación da quinta fracción de recollida selectiva (contedor marrón de orgánicos) supoña unha diminución do corenta por cento no volume total de toneladas transportadas á planta de Sogama para o seu tratamento.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress