Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Viernes, 9 de agosto de 2019 | Leída 9 veces
DIPUTACIÓN DA CORUÑA

A Deputación da Coruña impulsa a distribución das películas do Novo Cinema Galego

A área de Cultura destina unha axuda de máis de cen mil euros a difusión das novas obras de Oliver Laxe, Jaione Camborda, Eloy Domínguez ou Lois Patiño...

[Img #49297]

 

A área de Cultura da Deputación da Coruña destina máis de cen mil euros para que sete filmes recentes do novo cinema galego cheguen ao público na nosa lingua. Os novos títulos de Oliver Laxe, Eloy Domínguez, Jaione Camborda, Eloy Enciso, Alexandre Canceo e Berio Molina, Rita Azevedo e Lois Patiño son as beneficiarias da nova liña de axudas ás que nesta edición se destinaron 105.515,38 €.

 

Sete películas en galego chegarán a pantallas de salas públicas e privadas grazas á nova liña de axudas da área de Cultura da Deputación da Coruña da que se vén de publicar a resolución definitiva. Nesta nova edición, os filmes máis recentes de creadores e creadoras do que se deu en chamar o Novo Cinema Galego son os principais beneficiarios dunha convocatoria que nace coa vontade de eliminar os grandes atrancos do cinema en galego para a súa distribución en salas de exhibición.

 

"O que arde" de Oliver Laxe,  "Hamada", de Eloy Domínguez, "Arima" de Jaione Camborda, "Longa noite" de Eloy Enciso, "7 Limbos" de Berio Molina e Alexandre Cancelos, "A portuguesa" de Rita Azevedo e "Tempo Vertical" de Lois Patiño son os títulos que se distribuirán coa liña de axudas da área de Cultura da Deputación da Coruña pola que reciben achegas desde 5.927 € até 25.500 € segundo criterios obxectivos do proxecto presentado para a exhibición.

 

O deputado de Cultura, Xurxo Couto, destaca que "con esta liña de axudas a Deputación da Coruña sitúase á fronte do apoio á distribución do cinema en galego para que chegue ao público na nosa propia lingua". Segundo apunta, esta foi unha das principais demandas do sector " que se escoitou na Deputación e está na orixe da creación desta convocatoria que quere apoiar a gran creatividade do noso audiovisual e eliminar un dos seus principais atrancos que é o de se incorporar, na nosa lingua, ao circuíto habitual de distribución".

 

Couto aproveita para valorar a "grande calidade dos equipos que están a facer cinema no noso país. Esta convocatoria nesta ocasión é case unha foto xeracional do novo cinema galego. Nas películas apoiadas está, por exemplo, a nova de Oliver Laxe que está a ter un singular éxito en festivais de todo o mundo pero infelizmente continúan a ter dificultades para seren incluídas nas carteleiras das salas de cinema".

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress