Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Viernes, 9 de agosto de 2019 | Leída 40 veces

Arteixo impulsa un programa de turismo científico

O concello organiza novas rutas para visitar lugares de interese xeolóxico e patrimonial…

O Departamento de Turismo do concello de Arteixo, que dirixe Patricia Amado, organiza para as próximas semanas unha serie de roteiros, dos cales a maioría están encamiñados o coñecemento das riquezas patrimoniales e naturales do concello, polo que se engloban dentro do epígrafe xeral de Turismo Científico, onde máis adiante tamén se organizarán máis rutas baixo o mesmo epígrafe.

 

As máis inmediatas estarán encamiñados ao coñecemento do noso patrimonio arqueolóxico e monumental. Serán os de “Loureda Patrimonial e o Marco da Anta” e tamén o da “Capela da Estrela e o castro de Castelo en Sorrizo”. Nestes serán expertos arqueólogos (Purificación Soto e o seu equipo) quen nos axude a entender eses elementos patrimoniais que tan preto temos e pouco coñecemos.

 

Teremos tamén catro roteiros de senderismo, dous deles polos camiños dos romeiros que temos no Concello: A Nosa Señora de Pastoriza e Os Milagres de Caión. Por suposto, non pode faltar achegarnos de novo á Fraga Sisalde e a súa contorna. Como novidade un dos roteiros mais longos achegaranos ata a parroquia de Larín. Estes últimos terán unha lonxitude entre os 8 km e os 15 km.

 

As datas nas que se farán os de arqueoloxía serán o 1 de setembro e o 13 de outubro, e os de senderismo serán o sábado 24 de agosto o de Larín, o venres 6 de setembro o de Sisalde , o sábado 14 de setembro Os Milagres de Caión e o domingo 29 a Nosa Señora de Pastoriza.

 

O Concello de Arteixo continúa así coa realización de paseos que baixo o epígrafe de Turismo Científicos, tamén incluirán nas próximas semanas rutas que sirvan para visitar os máis importantes fitos xeolóxicos do concello. O Turismo Científico permite entender mellor o funcionamento da natureza e do medio que se visita. Nos paseos arqueolóxicos á Loureda Patrimonial explicarase o patrimonio arquitectónico do Igrexario e a súa contorna, o significado do Castro de Santa Locaia e a súa situación de atalaia no val de Loureda, nas estribacións do Golfo Ártabro, a configuración da paisaxe histórica ou  as pedrafitas ou menhires como expresión da cultura Megalítica.

 

Outra das rutas denominada “da Estrela ao Castelo” entre as parroquias de Monteagudo e Sorrizo. Desenvolverase entre a Capela da Estrela, o Igrexario de Monteagudo, o Camiño da Area e o Castro de Castelo en Sorrizo. Este castro está en moi boas condicións de conservación e alí explicaranse as características destes poboados Prehistóricos, Idade de Ferro e a súa implantación no territorio e permitirá detectar as pegadas dos nosos antepasados desde a Prehistoria.

 

A inscrición para asistir a este Paseo Arqueolóxico pódese realizar no Departamento de Turismo ou ben chamando ao 981 659 177.

 

O que se pretende con estas rutas é poñer en valor os recursos singulares dos que dispón o Concello de Arteixo, desestacionalizar o turismo e divulgar o coñecemento científico para todos os públicos ao mesmo tempo que se goza do tempo de lecer; é outra proposta máis de turismo que non deixa indiferente a ninguén que teña curiosidade por descubrir o mundo que nos rodea.    

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress