Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Viernes, 9 de agosto de 2019 | Leída 84 veces
NATACIÓN

Alba Gómez finalista no campionato de España

Acaba de rematar o Campionato de España de Natación Absoluto Open de verán que se celebrou en Terrassa, dende o 3 ata o 7 de agosto. Alba Gómez Mesías, do Club Natación Arteixo máis destacada neste tipo de citas obtivo moi bos resultados, participou en catro probas, nas que acadou catro mellores marcas persoais e 3 postos de finalista…

[Img #49293]

 

Nesta ocasión Alba centrouse nas probas de crol. Nadou as distancias de 50, 100, 200 e 400. Pasou á final B nas probas de 100 e 400 libre, rebaixou os seus rexistros persoais e acadou os postos 13º absoluto e 6º absoluto mozo no 100 libre, e 9º e 6º na proba de 400 libre.

 

Pero o máis salientable reservouno para o último día do campeonato, na proba de 200 libre, nadou moi ben as eliminatorias, entrando na final A. Esta final foi moi competitiva, e Alba soubo defendela ata a última brazada, facendo a súa mellor marca persoal, 2.03.88 e acadando o 4º posto absoluto e o 2º absoluto mozo.

 

Este evento marca o final da tempada 2018/2019 para todo o Club Natación Arteixo, descansarán para comezar en setembro un novo ciclo, no que de seguro seguirán dando de que falar.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress