Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Jueves, 8 de agosto de 2019 | Leída 14 veces
OLEIROS

A Xunta apoia a posta en valor do oficio tradicional da olería colaborando na XXV mostra de Alfaroleiros

A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez, participou onte en Oleiros na inauguración deste encontro que acolle ceramistas e oleiros de Galicia, do resto de España e Portugal. As actividades, ademais de demostracións de olería, inclúen obradoiros de artesanía para nenos, actuacións musicais, xogos para os máis cativos e proxección de películas. O evento é un punto de encontro para os profesionais deste oficio e actúa como dinamizador económico e cultural da comarca e do sector artesanal

[Img #49292]

 

A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez, asistiu onte en Oleiros á inauguración da XXV edición de Alfaroleiros, que se celebra ata o 11 de agosto na vila de Santa Cruz de Oleiros (A Coruña). Este encontro destaca pola súa relevancia como punto de encontro para os profesionais do oficio da olería e cerámica galegos, do resto de España e Portugal, e como dinamizador económico e cultural da comarca e do sector artesanal.

 

A feira, que chega neste ano á súa vixésimo quinta edición, é organizada polo Concello de Oleiros e conta tamén coa colaboración da Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través da orde de axudas para o fomento da comercialización da artesanía galega e impulso da competitividade do sector artesanal.

 

Neste encontro, haberá demostracións e venda de produtos de 25 expositores do oficio da olería e cerámica de Galicia e de distintos puntos de España e Portugal: oito deles representan ás catro provincias galegas, un vén de Coimbra (Portugal) e os 16 restantes proveñen doutras cidades do país (Toledo, Castellón, Xaén, Granada, Córdoba, Salamanca, Segovia, A Rioxa, Cáceres, Zamora e Badajoz).

 

O programa inclúe tamén obradoiros de artesanía, xogos tradicionais para os máis cativos, proxección de películas e espectáculos de circo, teatro e maxia. Haberá actuacións musicais como os concertos de Gallaecia Big Band, Sandra Calderón Flamenco Band, Adhara&Ritman e Familia Caamagno, así como os concertos participativos de Ernest Martínez.

 

A colaboración coa organización destas actividades de impulso á conservación dos oficios artesanais tradicionais forma parte da estratexia da Xunta de Galicia en materia de artesanía xa que a recuperación, o mantemento e a divulgación dos oficios artesanais tradicionais constitúe unha ferramenta de dinamización social e de divulgación da cultura galega, ademais de establecer referentes para os novos profesionais que se achegan ao sector artesanal galego.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress