Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Jueves, 8 de agosto de 2019 | Leída 39 veces

Un total de 12 mozas e mozos participan no campo de voluntariado da Laracha de posta en valor do castro de Montesclaros

O delegado territorial visitou aos participantes nesta actividade organizada pola Consellería de Política Social, que teñen entre 18 e 30 anos. A provincia da Coruña conta con 8 campos de voluntariado dos cales dous se organizan na comarca de Bergantiños-Costa da Morte na Laracha e Ponteceso...

[Img #49287]

 

O delegado territorial da Xunta, Ovidio Rodeiro, visitou onte aos participantes do campo de voluntariado da Laracha Castro de Montesclaros, no que 12 mozas e mozos procedentes de diferentes países e de diferentes localidades de Galicia e de España, participan en traballos arqueolóxicos de delimitación e limpeza do castro e do seu entorno..

 

Os asistentes teñen entre 18 e 30 anos e a súa estadía comezou o pasado 1 de agosto e rematará o 12 deste mesmo mes. Durante este tempo, os voluntarios realizan tarefas de delimitación e limpeza da zona perimetrada e están levando a cabo o acondicionamento do camiño de acceso e a sinalización. Este campamento ofrece a oportunidade de descubrir diferentes tipos de culturas, costumes e modos de vida, xa que coñecen a cultura castrexa e a forma de vida celtíbera destacando o seu compoñente social.

 

Ademais, os participantes están realizando actividades complementarias de aventura, talleres medio ambientais e de debuxo arqueolóxico, xogos deportivos, rutas de sendeirismo e visitas culturais aos concellos da contorna.

 

Durante a visita, Ovidio Rodeiro, recalcou que na provincia da Coruña a Consellería de Política Social organiza oito campos de voluntariado dos cales dous teñen lugar na comarca de Bergantiños-Costa da Morte o da Laracha e o de Ponteceso, centrado na investigación dos elementos etnográficos da vila do Couto en Ponteceso, a colección de patrimonio oral e a sinalización do elementos etnográficos. Ademais, os participantes colaboran na organización da XII Festa Galega en colaboración con Concello de Malpica.

 

O representante do goberno autonómico destacou que “este tipo de actividades van encamiñadas a favorecer a convivencia, a participación e a tolerancia e solidariedade entre a xuventude a través da realización de labores voluntarias en actuacións de interese social”. “Ofrecen unha maneira diferente de pasar algúns días da época estival prestando un servizo á sociedade e fomentando o intercambio cultural”, finalizou Ovidio Rodeiro.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress