Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Jueves, 8 de agosto de 2019 | Leída 23 veces
DIPUTACIÓN DA CORUÑA

A Deputación da Coruña apoia a mostra Alfaroleiros que chega a súa XXV edición

O deputado Xosé Lois Penas Brión participou na inauguración xunto co alcalde e tamén deputado Ángel García Seoane...

[Img #49285]

 

O deputado de Contratación e Patrimonio, Xosé Lois Penas Brión, participou na inauguración da XXV edición de Alfaroleiros que se desenvolve do 7 ao 11 de agosto en Santa Cruz. No acto interveu o tamén deputado e alcalde de Oleiros, Angel García Seoane.

 

Dos días 7 ao 11 de agosto e de 10:00 a 22:30 horas desenvolverase en Santa Cruz unha nova edición da mostra Alfaroleiros que, desta volta, chega a súa XXV convocatoria co apoio da Deputación da Coruña.

 

No acto de presentación, o deputado de Contratación e Patrimonio, Xosé Lois Penas Brión, referiuse á olaría como parte da "identidade do concello, do seu propio nome" e defendeu o traballo artesanal como un valor engadido para unha sociedade que ten que recuperar o valor do feito a man.

 

"Desde a Deputación da Coruña comprácenos apoiar esta mostra de olaría que forma parte da promoción económica, da oferta turística e da cultura de Oleiros", sinalou ao tempo que lembrou a necesidade de promover a dignificación da artesanía con iniciativas como o premio Antón Fraguas da Deputación da Coruña.

 

Ao se referir ao cuarto de século de historia da mostra, Xosé Lois Penas anotou que, ademais de tradición e pasado, "a olaría ten futuro, é parte do noso produto interior bruto, materia especial para a promoción económica, atractivo turístico de especial relevancia" e defendeu unha volta "aos valores da olaría, o feito a man, con materiais

 

da terra, sinxelos, ás pezas con vida que falan do seu autor ou autora, a dedicarlle tempo ao que realmente importa, ao ritmo á medida do ser humano".

 

"En espazos coma este fica á vista a singularidade do  traballo dos alfareiros e alfareiras, a autenticidade do feito a man, coa sabedoría da tradición. A olaría é parte da nosa identidade, é saber do pobo que se transmitiu a través das xeracións. Cando un neno ou nena, como acontece cada ano en Alfaroleiros nas actividades paralelas, mergulla as súas mans no barro está a falar con séculos de tradición, está a partillar dunha cadea que non podemos deixar romper, porque forma parte de nós mesmas, da nosa forma de ser e expresarnos no mundo", sinalou o deputado.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress