Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Miércoles, 7 de agosto de 2019 | Leída 44 veces

A Xunta solicita unha reunión ao Concello da Coruña e ao ADIF para abordar a Estación Intermodal da Coruña

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade pretende abordar a situación actual e as previsións de cada administración no desenvolvemento desta estación. O Goberno galego ten avanzada a redacción do proxecto básico da terminal de autobuses. O Executivo autonómico traballa coa previsión de realizar este ano o novo deseño para dispor en 2020 do proxecto de cara a licitar as obras en canto se supere o trámite urbanístico que se decida...

[Img #49283]

 

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través da Dirección Xeral de Mobilidade, vén de convocar ao Concello da Coruña e ao ADIF para abordar a situación actual e as previsións de cada Administración nas actuacións levadas a cabo de cara ao desenvolvemento da Estación Intermodal da Coruña.

 

O encontro, para o que se propón o vindeiro venres, terá un perfil eminentemente técnico e o seu obxectivo será compartir os avances acadados por cada unha das partes implicadas así como coñecer os cronogramas cos que traballa cada unha delas.

 

Cómpre lembrar que o departamento de Infraestruturas da Xunta ten en redacción o novo proxecto básico e de execución da terminal de autobuses, cun investimento de máis de 291.000 euros. O Goberno galego financiará esta actuación con fondos propios da Comunidade Autónoma, tal e como recollen os orzamentos da Xunta para 2019.

 

O Executivo autonómico traballa coa previsión de rematar este ano o novo deseño para dispor en 2020 do proxecto que permita iniciar a tramitación urbanística que se decida para, a continuación, licitar as obras da nova estación intermodal.

 

Na reunión, a Xunta proporá retomar o convenio que se estaba abordando, necesario para executar as obras, repartir as responsabilidades e resolver a compatibilidade urbanística.

 

A estación intermodal facilitará o intercambio áxil e seguro entre os distintos modos de transporte nesta cidade e potenciará o uso do transporte público.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress