Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Miércoles, 7 de agosto de 2019 | Leída 14 veces

A Xunta abre hoxe o prazo de solicitude das axudas para impulsar a Industria 4.0 a través da contratación de 140 mozos e mozas menores de 35 anos

A Consellería de Economía, Emprego e Industria inviste neste programa pioneiro 2M€ que permitirá especializarse e acceder ao mercado laboral a persoas con titulación universitaria ou de técnico superior de FP. Desenvolverán en empresas e asociacións empresariais proxectos vinculados a áreas como a optimización financeira, a mellora da produción, a dixitalización e o emprendemento. Os interesados poderán presentar a súa inscrición ata o próximo 7 de outubro. A iniciativa enmárcase na nova Axenda 4.0, que busca a mellora competitiva do tecido empresarial e para cuxo desenvolvemento a Xunta destinará 350 millóns de euros durante os próximos catro anos (2019-2022)...

[Img #49282]

 

A Consellería de Economía, Emprego e Industria impulsará, a través do Igape, abre hoxe o prazo de solicitude do programa pioneiro co que se busca impulsar a Industria 4.0 a través da contratación de 140 mozos e mozas menores de 35 anos. O Diario Oficial de Galicia(DOG) publica hoxe a iniciativa destinada á especialización e o acceso ao mundo laboral dos menores de 35 anos con titulación universitaria ou de técnico superior de formación profesional (FP).

 

A través desta liña de axudas, denominada Profesionais 4.0, e dotada con dous millóns de euros, incentivarase a contratación e a formación destes profesionais por parte das empresas, autónomos con dous ou máis empregados e as asociacións, fundacións ou clústeres, para a realización de plans que garantan o seu avance competitivo no eido da Industria 4.0.

 

As iniciativas de mellora poderán desenvolverse en áreas tan variadas como a optimización financeira, a profesionalización da produción e a cadea loxística, o desenvolvemento de procesos e sistemas de xestión da calidade, a identificación e posta en marcha de redes de cooperación e socios, a aposta polo capital humano, o asesoramento integral ao proceso emprendedor, a dixitalización ou creación de contidos dixitais e a incorporación efectiva de tecnoloxía, entre outros.

 

O prazo de solicitude para optar a estes apoios rematará o próximo 7 de outubro. A porcentaxe da axuda poderá acadar o 75% da retribución bruta do período subvencionable, cun límite de ata 16.000 euros, e cada entidade poderá optar a un máximo de cinco contratos incentivados, cunha duración dun ano cada un.

 

A iniciativa enmárcase na nova Axenda 4.0, para cuxo desenvolvemento a Xunta destinará 350 millóns de euros entre 2019 e 2022 e que ten como principais obxectivos anticiparse aos cambios do novo modelo, aumentar o tamaño das empresas, favorecer a aposta polo talento dixital e contribuír á reinvención do tecido industrial galego e á súa especialización desde o punto de vista tecnolóxico, retos todos eles que se poderán lograr a través do novo programa.

 

De feito, Profesionais 4.0 súmase a distintas iniciativas impulsadas pola Administración autonómica para favorecer a retención de talento na Comunidade e o desenvolvemento da carreira profesional da xente moza, ao tempo que se estimula a súa incorporación ao tecido empresarial, mellorando así a súa competitividade. Entre estas iniciativas destaca o Principia; a través da súa cuarta convocatoria, a Axencia Galega de Innovación (Gain) apoia a contratación de 110 persoas mozas cualificadas de ata 35 anos de idade para a realización de actividades de I+D+i en 77 empresas e organismos de investigación de Galicia.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress