Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Miércoles, 7 de agosto de 2019 | Leída 87 veces

Os doce locais participantes en A Laracha de tapas ofrecerán as súas elaboracións a 1,50 euros

A sexta edición do certame celebrarase do venres ao domingo, con 750 euros en premios para os establecementos e sorteo de agasallos para os consumidores. José Manuel López Varela agarda que se xere “movemento social e económico” durante a fin de semana...

[Img #49280]

 

A sexta edición do concurso A Laracha de tapas celebrarase do venres 9 ao domingo 11 de agosto co obxectivo esencial de dinamizar o tecido comercial e hostaleiro do municipio. O evento foi presentado hoxe no Concello da Laracha polo alcalde, José Manuel López Varela, e a concelleira de Promoción Económica, Rocío López, xunto a representantes dos locais participantes.

 

O rexedor municipal en primeiro lugar quixo agradecer a participación e excelente acollida do sector hostaleiro a esta iniciativa municipal, do mesmo xeito que sucedeu en anteriores edicións. López Varela apuntou que “sen a implicación do sector é imposible que este evento poida funcionar”. Esta ruta de tapas xa está consolidada na capital municipal e atrae en cada edición a miles de persoas. O alcalde, que tamén destacou a calidade das tapas, agarda que se volva xerar “un movemento social e económico tan importante como nos cinco concursos anteriores”.

 

Pola súa parte a concelleira de Promoción Económica, Rocío López, lembrou que haberá 750 euros en premios. O galardón do xurado popular á mellor tapa está dotado con 200 euros e será decidido directamente polos clientes. Cada establecemento terá a disposición do público urnas pechadas e as papeletas para emitir as votacións, que deberán estar debidamente cubertas e contar co selo de tres locais, xa que para votar é imprescindible ter degustado tres tapas diferentes. Todos os votos válidos entrarán no sorteo dos regalos doados polas empresas colaboradoras.

 

A categoría do xurado profesional contará cun primeiro (300 euros) e un segundo premio (250 euros). Os seus membros serán os bloggers gastronómicos  José Antonio Domínguez (www.rutasyrestaurantes.com), Antonio Doce (www.eloctopuslarpeiro.com) e Rubén López Urdí (www.caminantedelplaneta.com).

 

 Ademais, o Concello distribuirá un mapa de localización de todos os establecementos participantes, indicando as tapas que se ofrecen en cada un deles e o seu emprazamento. Tamén haberá un tren turístico que realizará continuamente unha ruta entre os locais que forman parte do concurso.

 

A relación dos doce locais que participan en A Laracha de Tapas e as súas elaboracións é a seguinte

  • Hotel-Restaurante ABC: Sopor.
  • Café Bar Aqua: Tosta “Terra e Mar”.
  • Café-Bar Guadalupe: Bocata marítimo.
  • Manhattan Skyline: Salteado de verán.
  • Café-Bar Mariño: Tenreira con guarnición.
  • O Noso Café: Roliño de verán.
  • Cervexaría O Trasno: Mestura.
  • Bar Sandra: Cazola de arroz.
  • Bar Sara: Polo primavera.
  • Café Bar Nuevo Marchica: Faceira glaseada ao romeu.
  • Café Bar O Encontro: Luriñas “O Encontro”.
  • Ambigú: Solombo ibérico con patacas panadeira.

 

As tapas estarán a disposición do público o venres en horario de tarde-noite (de 19:00 a 00:00 horas) e o sábado e o domingo, tanto en horario de mañá (12:00 a 15:00 horas) como de tarde e noite (19:00 a 00:00 horas).

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress