Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Miércoles, 7 de agosto de 2019 | Leída 8 veces

O Concello inicia o procedemento de contratación de cinco proxectos de mellora da eficiencia enerxética

Xa poden consultarse na Plataforma de Contratación do Sector Público. Investiranse 1,2 millón de euros cos obxectivos de reducir as emisións de carbono e adelgazar o gasto enerxético municipal...

O Concello da Laracha publicou onte na Plataforma de Contratación do Sector Público os cinco proxectos dirixidos a mellorar a eficiencia enerxética e favorecer o paso a unha economía baixa en carbono que se executarán co apoio económico do Instituto para la Diversificación y ahorro de la Energía (IDAE). Deste xeito iníciase o procedemento de contratación e abriuse o prazo para que os licitadores poidan presentar as súas ofertas.

 

Polas súas características, estas actuacións teñen o dobre obxectivo da reforzar a aposta municipal pola redución das emisións e a loita contra o cambio climático ao diminuír o consumo eléctrico, o que tamén suporá adelgazar o gasto enerxético sen minorar a calidade do servizo.

 

Así, o Concello da Laracha cambiará a totalidade das luminarias do alumeado público por outras LED de última xeración nos núcleos urbanos da Laracha, Paiosaco e Caión (1.397 unidades), tamén as existentes nos máis de trescentos núcleos rurais do termo municipal (2.493 unidades) e as do entorno do parque empresarial (283 unidades). Por tanto, serán substituídas un total de 4.173 luminarias exteriores.  

 

Ademais, os outros dous proxectos consistirán na renovación da iluminación interior nos edificios e nas instalacións deportivas de titularidade municipal. Os novos equipos ofrecerán maior rendemento, eficiencia e contarán con reactancias electrónicas regulables que permitirán reducir a potencia da iluminación cumprindo cos requirimentos de calidade e confort visual.

 

Os cinco proxectos están valorados nun total próximo aos 1,2 millóns de euros, dos cales o vinte por cento será financiando con fondos municipais. Estímase que o investimento que realizará o Concello estea amortizado nun prazo duns cinco anos.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress