Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Martes, 6 de agosto de 2019 | Leída 30 veces
DIPUTACIÓN DA CORUÑA

Obradoiros, lecturas ao vivo e performances compoñen a programación da Deputación da Coruña na Feira do Libro da Coruña

A creadora Marina Oural achegará ao público a gran figura da poeta Juana de Ibarbourou e a súa vinculación coa cultura galega...

[Img #49272]

 

Dous obradoiros para todos os públicos, unha lectura a micro aberto e unha performance que achegará á figura de Juana de Ibarbourou son algunhas das propostas da Deputación da Coruña na Feira do Libro da Coruña na que  a área de Cultura conta tamén cun espazo propio de información das súas actividades e publicacións.

 

Hoxe martes día 6 ás 19:45 o obradoiro Faba Máxica, a cargo da artista Marina Oural, inaugurará o programa de actividades da área de Cultura da Deputación da Coruña na Feira do Libro que chega a súa 48 edición nos Xardíns de Méndez Núñez da cidade. O obradoiro repetirase o día 7na carpa Xavier P. Docampo e consiste nunha peza escénica onde as crianzas participarán do proceso creativo a través do proceso de nacemento dunha faba.

 

Para o día 9 ás 13:00 está previsto un espazo de micro aberto coa lectura ao público de todas as persoas que queiran participar e, finalmente, o día 11 desenvolverase o Espazo de Arte Acción que descubrirá a poeta Juana de Ibarbourou e a súa vinculación coa cultura galega, por medio da artista Marina Oural, que traballou arredor da gran figura da cultura latinoamericana nun proxecto que recibiu o recoñecemento co Premio Luísa Villalta de proxectos Culturais pola Igualdade da Deputación da Coruña.

 

Ademais, a área de Cultura da Deputación da Coruña manterá aberta un espazo propio, como acontece en todas as feiras que se desenvolven no territorio da provincia, co fin de dar a coñecer as novas publicacións e as principais liñas da política cultural da institución.

 

Programa de actividades

Obradoiros Faba Máxica, martes 6, mércores 7 ás 19:45. Carpa Xavier P.Docampo

“Deixaremos que o corpo fale creando unha peza escénica, onde as crianzas experimentarán a través do seu corpo as sensacións que desprenden a natureza e a arte ligadas á creación. Poderán sentirse auga, vento, terra, sol, lúa ou semente a través da vida dunha ‘ faba’. Ela, a semente, será o pretexto narrativo para vivir unha viaxe imaxinaria, profundando nos valores do cultivo e ser así creadores do noso movemento. Non se precisa experiencia artística e poden participar persoas con diversidade funcional con ou sen acompañante despendendo da discapacidade. Máximo 15 persoas”

 

Espazo Micro aberto. Dia 9, ás 13.00h. Carpa Xavier P.Docampo

Espazo de lectura ao vivo para o público que desexe experimentar o feito oral de lectura ou declamación de xeito libre. Abrimos así ao público por vez primeira a feira do libro en A Coruña a todas as persoas que desexen participar con independencia das súas capacidades físicas ou psíquicas. Deberán presentarse unha hora antes na carpa para distribución equitativa de tempos. A única condición é ter un texto en formato libro ou solto. Máximo 30 minutos. Coordina, Marina Oural

 

EspazoArteAcción. Descuberta de Juana de Ibarbourou: a poeta de América en Lourenzá. Charla performática a cargo de Marina Oural. 45 min. Día 11. As 12:00 horas, Carpa Xavier P.Docampo

Charla perfomática coa descuberta da grande poeta de América, Juana de Ibarbourou, filla predilecta a título póstumo do Concello de Lourenzá e poeta que dá nome á súa biblioteca desde o ano 1963. Achegarémonos á súa voz, aos seus poemas e á obra multitidisciplinar que esta pote provocou na valeca laurentina Marina Oural: Juana_Inspiracións e Juana_Docencia.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress