Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Martes, 6 de agosto de 2019 | Leída 59 veces

O concello de Arteixo completa o 90% das 2.500 prazas nos campamentos para nenos e mozos no verán

A maioría das actividades deste verán para menores de idade, que se extenderán nalgúns casos ata o 11 de setembro, completaron os seus cupos…

As cerca de 2.500 prazas de campamentos ed verán que se ofreceron no concello de Arteixo a través das concellerías de Educación e Deportes completaron os seus cupos de asistencia. Así, tanto as organizadas directamente polo concello como aquelas que se desenrolan em instalacións municipais pero que están tuteladas por diversas asociacións e clubes cubriron cerca do 90% das prazas ofertadas.

 

Neste sentido, a concellaría de Educación, dirixida por Inés Ramos, está organizando durante o período vacacional estival, campamentos de conciliación familiar incluídos no programa “Arteixo Concilia”.

 

Estes campamentos conteñen ofertas para a aprendizaxe xenérica e lúdica, constituindo unha alternativa para a conciliación da vida familiar e laboral mediante actividades de extensión educativa e propostas dirixidas a grupos durante os períodos vacacionais cun enfoque dinámico das actividades para o disfrute do tempo de lecer.

 

A vontade destes campamentos é dar unha resposta educativa a todo o alumnado tendo en conta o principio de inclusión, entendendo que deste modo se garante o desenvolvemento dos menores ao mesmo tempo que se favorece a equidade e se contribúe a unha maior cohesión social.

 

Estes campamentos están destinados a alumnado de Educación Infantil e Primaria (3-11 anos) e teñen un carácter eminentemente educativo, socializador e conciliador. Os participantes distribúense en grupos de idade o máis homoxénea posible.

Os campamentos educativos ofértanse durante os períodos vacacionais que  establecen os centros como vacacións escolares. O obxectivo xeral dos campamentos que se levan a cabo nos períodos non lectivos dos centros escolares é contribuir á conciliación da vida familiar e laboral ao mesmo tempo que se facilita unha alternativa de ocio educativo para os nenos e nenas de Educación Infantil e Primaria.

 

Tamén na época de verán o Servizo Municipal de Deportes, que dirixe Puri Zas, renova o seu compromiso de achegar a práctica deportiva aos cidadáns de Arteixo. Co obxectivo constante de promover uns hábitos de vida saudables na ocupación do lecer en períodos vacacionais escolares, a concellería de deportes a través deste programa continúa co seu obxectivo de fomentar o asociacionismo, apoiando ao tecido asociativo local coas distintas actividades nas que colabora. Por ese motivo propóñense unha serie de actividades que se ofertarán ao longo de todo o verán.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress