Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Sábado, 3 de agosto de 2019 | Leída 104 veces

Arteixo consolida a instalación dos puntos violeta antiacoso durante os grandes eventos festivos

O espazo sirve para informar e asesorar sobre a violencia de xénero e como lugar para denunciar posibles situacións de violencia machista que se produzan durante unha festa…

[Img #49263]

 

O concello de Arteixo sigue traballando a prol da prevención da violencia de xénero coa instalación de puntos violeta antiacoso durante os grandes eventos festivos. A experiencia comezou durante as pasadas edicións da Feira Histórica 1900 e agora repetiuse durante as festas do Santiago Apóstol celebradas a pasada semana. Durante as pasadas festas, o CIM de Arteixo mantivo un Punto Violeta cun amplo horario de atención como unha actividade máis da programación festiva.

 

A concellaría de Igualdade, dirixida por Inés Ramos, aposta por consolidar este recurso, pois esta é a terceira vez que se instala no último ano, co fin de sensibilizar e informar contra as agresións sexistas nas festas e na sociedade en xeral.

 

Con gran éxito de público e participación nas actividades, o stand ofrece información, materiais divulgativos e nesta ocasión unha camiseta co lema "Arteixo por unhas festas libres  de agresións sexistas. Así  mesmo aproveitamos para difundir o Centro de Información ás Mulleres e facer unha pequena enquisa para recoller propostas e saber o grado de coñecemento do CIM. Recibimos centos que teremos en conta na programación de próximas actividades”, explica.

 

Nesta ocasión contouse tamén cunha colaboración da Xunta de Galicia, que  instalou un stand dentro da campaña de Agresións OFF.

 

O concello de Arteixo xa impulsara esta iniciativa durante a pasada Feira 1900 de Arteixo. Alí, ademais de repartir información sobre igualdade, houbo un photocall para que quen se achegara mostrase o seu rexeitamento á violencia de xénero e onde se atenderon casos de agresións machistas. Todo isto para, en palabras das entidades organizadoras, «intentar conseguir unhas festas libre de violencia machista». O punto foi atendido polo personal municipal do Centro da Información da Muller. Así, o Punto Violeta estuvo integrado principalmente por unha psicóloga e unha educadora social, que dan apoio, información e se coordinarán cos corpos e forzas de seguridade para afrontar posibles conflitos. Para iso, o CIM de Arteixo adaptou o protocolo de actuación en caso de agresións que xa están a utilizar algunhas administracións públicas como ensino e sanidade.

 

«No indesexable caso de que unha muller sufra unha agresión machista, as técnicos do Punto Violeta trasladarán á agredida a un espazo seguro, dende onde porán en funcionamento o protocolo», comentan dende o CIM.

 

Para Inés Ramos, concelleira de Servizos Sociais, «é moi importante transmitir a información relativa os dereitos das mulleres e conseguir entornos seguros para as mulleres».

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress