Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Viernes, 2 de agosto de 2019 | Leída 30 veces

O museo dos muíños de Golmar amplía o seu horario de apertura ao público

Pode visitarse de mércores a domingo. A entrada é gratuíta nesta instalación que conta co distintivo de Centro Azul en recoñecemento ao seu labor de educación ambiental...

[Img #49260]

 

O Centro de Interpretación dos Muíños de Auga da Costa da Morte de Golmar amplía desde hoxe venres o seu horario de apertura ao público. Agora pode visitarse de mércores a domingo nos seguintes horarios:

 

  • Mércores e Xoves: 11:00 a 13:30
  • Venres e Sábados: 10:30 a 13:30 h e 15:30 a 18:30
  • Domingos: 10:30 a 13:30

 

Ademais, continúase ofrecendo a posibilidade de concertar visitas guiadas para grupos en calquera día do ano con cita previa no Concello da Laracha. En todos os casos a entrada é gratuíta.

 

O Centro de Interpretación dos Muíños de Auga da Costa da Morte está situado na antiga Casa Reitoral de Golmar, moi preto da igrexa parroquial de San Bieito e a carón da estrada A Laracha-A Silva (CP 2404). Na instalación faise un percorrido por medio de mapas, documentos, imaxes e pezas reais de muíños, a través do que os visitantes poderán coñecer como era o seu funcionamento, a súa importancia social e os diferentes tipos de muíños que existían na Costa da Morte. O exterior do museo dispón dunha ampla área de descanso dotada cun parque infantil, sendo un lugar ideal para acudir en familia.

 

Este museo conta por segundo ano consecutivo co distintivo de Centro Azul outorgado pola Fundación de Educación Ambiental (FEE) e a Asociación de Educación Ambiental y del Consumidor (ADEAC). Con ese galardón faise un triplo recoñecemento ao Concello da Laracha. En primeiro lugar, ás propias instalacións situadas no Igrexario de Golmar, na antiga casa reitoral desta parroquia. Tamén se premia o contido das actividades e iniciativas de educación ambiental que se levan a cabo puntualmente nese lugar e que van especialmente dirixidas ao público infantil. Ademais, galardoar co Centro Azul ao museo dos muíños significa, indirectamente, recoñecer a riqueza etnográfica municipal e o atractivo turístico e medioambiental dos entornos fluviais próximos, en especial os dos ríos Acheiro, Bradoso e Anllóns, nos que o Concello da Laracha está a desenvolver nos últimos anos iniciativas para a súa posta en valor.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress