Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Jueves, 1 de agosto de 2019 | Leída 17 veces

O Concello avanza no desenvolvemento da fase inicial dos proxectos incluídos no plan de equipamentos do instituto

Estase realizando a adecuación do terreo sobre o que se abrirá unha nova estrada e será creada unha pista polideportiva descuberta. Neste lugar tamén se construirá unha pista multideportiva coa colaboración da Xunta de Galicia...

[Img #49241]

 

O Concello da Laracha está completando de xeito simultáneo a fase inicial da execución de dous proxectos previstos no Plan especial de equipamentos educativos do IES Agra de Leborís, consistentes na apertura dunha nova estrada e na creación dunha pista polideportiva descuberta.

 

A nova estrada discorrerá pola parte posterior do instituto e enlazará a Avenida Manuel Fraga Iribarne coa 1ª Travesía Doutor López Astray, creándose por tanto unha circunvalación que conectará directamente a estrada A Laracha-A Silva (DP-2404) coa estrada A Laracha-Soandres (DP-1913) e mellorándose sensiblemente as comunicacións rodadas ao evitar que os vehículos deban acceder polo centro do casco urbano da Laracha.

 

A actuación que se está a acometer, e que xa está moi avanzada, consiste na escavación do terreo para a creación da caixa de ensanche da plataforma da calzada, o afirmado parcial da mesma e tamén a canalización da  rede de recollida de augas pluviais. Isto posibilitará que o solo estea saneado e estable para a futura construción da nova vía.

 

Por outra banda, e neste mesmo ámbito de actuación pola parte posterior do IES Agra de Leborís, tamén se están a completar os traballos referidos ao movemento de terras e adecuación do terreo sobre o que se construirá unha pista polideportiva descuberta. Tamén se contempla a construción dos muros e a cimentación do novo equipamento, que contará coas medidas regulamentarias e promoverá os estilos de vida saudables ao ofrecer á cidadanía, especialmente á mocidade, novas posibilidades para a práctica de actividades deportivas.

 

Nestas actuacións iniciais, incluíndo a adquisición dos 9.500 metros cadrados de terreos afectados, o Concello da Laracha inviste máis de 150.000 euros.

 

O alcalde, José Manuel López Varela, e o concelleiro de Urbanismo e Obras Públicas, Jesús Souto, reuníronse no lugar das actuacións co director de obra e representantes da empresa construtora.

 

Pista multideportiva

A terceira actuación proxectada polo Concello da Laracha no Plan especial de equipamentos educativos do IES Agra de Leborís será a creación dunha pista multideportiva tamén na parte posterior do centro educativo. Este proxecto será adxudicado nos próximos días e, xunto á pista polideportiva de dimensións regulamentarias que se creará ao seu carón, permitirá dispoñer de equipamentos complementarios e dirixidos a grupos de idade diferentes.

 

Neste caso o investimento total ascende a 40.000 euros, que serán cofinanciados entre o Concello e a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia.

 

Con estes tres proxectos o Concello transformará por completo este ámbito, que pasará a ser un dos puntos de referencia municipal para a práctica de actividades deportivas pola cantidade e calidade dos equipamentos de titularidade pública que serán creados.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress