Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Miércoles, 31 de julio de 2019 | Leída 33 veces

En marcha a undécima edición do campus municipal de baloncesto

Participan 64 rapaces de idades comprendidas entre os 5 e os 14 anos. A actividade está incluída no programa municipal de verán...

[Img #49233]

 

A undécima edición do campus de baloncesto que organiza o Concello da Laracha estase a desenvolver nas instalacións do pavillón polideportivo municipal da Laracha. O programa consta de cinco xornadas, desde onte luns e ata o venres, que se están a realizar en horario de 10:30 a 13:30 horas.

 

A actividade, incluída no programa municipal de verán, vai dirixida a nenos de entre cinco e catorce anos de idade, contándose con sesenta e catro rapaces inscritos. Hoxe recibiron a visita do alcalde, José Manuel López Varela, e da concelleira de deportes, Patricia Bello.

 

O obxectivo deste campus é fomentar a práctica do baloncesto e tamén iniciar nesta modalidade deportiva aos nenos que non tiveron contacto con ela, xa que non foi necesario ter coñecementos previos para poder inscribirse. Os rapaces terán ocasión de aprender aspectos técnicos, tácticos e tamén cuestións relativas ao regulamento do baloncesto.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress