Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Domingo, 28 de julio de 2019 | Leída 274 veces
NATACIÓN

XIII Edición da Travesía a nado Concello de Arteixo

XIII Edición da Travesía a nado Concello de Arteixo - XII Memorial Marina Álvarez, que o noso club organiza no Porto de Suevos, coa colaboración do Concello. O día amañeceu moi chuvioso pero co mar tranquilo. No momento de iniciar as probas xa despexara o que levou a ter moi boas condicións para a celebración deste xa clásico evento entre as travesías de verán...

[Img #49225]

 

A temperatura da auga era de 18,5º, polo que o uso de neopreno foi optativo. Un total de 190 deportistas foron os que disputaron as diferentes categorías e distancias da proba. Un ano máis, a distancia de 2500, pertencente ó Circuíto Galego de Augas Abertas, superou ó resto das distancias en canto a participación. Os campións absolutos da distancia de 2500 metros foron Javier Alonso e Ana Buceta, ambos do CN Ponteareas.

 

A proba de 2500 contou con máis de 80 participantes, a de 800 metros, con 77 nadadores. Como remate da mañá celebrouse a proba dos pequenos, de 200 metros, bo estreo destas idades nas augas abertas, coa participación de case 30 nenos e nenas de entre 7 e 12 anos, que alegraron ó final deste evento.

 

Estes son os gañadores/as por categorías

2500 Metros

1- Manuel Regueiro (CNArteixo), Martín Carrera (CN Ponteareas), Xian Prego (CNArteixo)

2- Penélope Martínez (CNArteixo), Antía Ortego (CN Galaico), Cora Vinagre (AD Fogar)

3- Javier Alonso (CN Ponetareas), Juan Rey (CN Riveira), Pablo Martín (CN Galaico)

4- Ana Buceta (CN Ponteareas), Ángela Martínez  (RCN Vigo), Alba Maestro (CE Mediterrani)

 

800 Metros

5- Carlos García, Javier Couso, Luis R. González

6- Estefanía González

7- Álvaro Gómez, César Montes, Javier Mon

8- Alba Otero, Nerea Iglesias, Enriqueta Iglesias

9- Javier Carril, Manuel Mellid, Manuel Ruibal

10- Alejandra Rodríguez, Lucía Varela, Sandra Pérez

11- Rubén Otero, Nicolás Ramos, Ricardo Tubío

12- Marta Novo, Inés Borge, Silvia Martínez

 

200 Metros

13- Manuel Souto, Xoel Cubeiro, Paulo Rivas

14- Lucía Villarnovo, María Camba, Pablo Rodríguez

 

En canto a trofeos especiais, o do nadador/a máis novo foi para Xoel Camba Vázquez, de 9 anos e o do nadador máis veterán foi para José Leal Piñeiro, con 77 anos.

 

Os trofeos “Marina Álvarez” ós mellores nadadores do Club Natación Arteixo, leváronos, na categoría masculina Manuel Regueiro (2500 m) e Javier Carril (800 m); na categoría feminina foron Penélope Martínez (2500 m) e  Nerea Iglesias (800 m) as premiadas.

                    

Estiveron presentes para a entrega de premios, representando ó Concello de Arteixo: D. Carlos Calvelo, Excelentísimo Alcalde, Dna. Puri Zas concelleira de Deportes, Marcos Mañana, Presidente do Club Insua, e D. Ángel Vázquez tamén do Club Insua, acompañados pola Presidenta do Club Sarval Natación Arteixo, Dna. Virginia Martínez.

 

Podemos dicir que foi un éxito de organización e participación pese ó mal que amañeceu o día, un gran evento para a Natación de Augas Abertas.

 

 

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress