Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Sábado, 27 de julio de 2019 | Leída 16 veces

O Pleno acorda reforzar en 20.000 euros a achega municipal para as festas da Laracha

Onte celebrouse a primeira sesión ordinaria do novo mandato. Celebraranse a mediados do mes de agosto...

[Img #49169]

 

Onte celebrouse a primeira sesión ordinaria do Pleno do mandato 2019-2023. A cuestión máis destacada foi a aprobación –coas abstencións dos concelleiros do PSOE e do BNG- do modificativo de crédito que permitirá reforzar en 20.000 euros máis a subvención á Comisión de Festas da Laracha para o financiamento do programa das celebracións da capital municipal que se van desenvolver a mediados de agosto.

 

O alcalde, José Manuel López Varela, agradeceu “o traballo que fan os membros de todas as comisións para que en cada parroquia haxa festas”. Lembrou que todas contan cunha axuda económica municipal, ademais da cooperación organizativa que se presta desde o Concello. Referíndose ao caso das Festas da Laracha, expresou a conveniencia de “enfocalas como as festas do Concello tendo en conta o peso de poboación que ten a capital municipal”, o que permitiría que o Concello asumise directamente parte da súa organización, do mesmo xeito que se está a facer nos últimos anos nas festas declaradas de interese turístico (Feira das Cereixas de Paiosaco e Romaría dos Milagres de Caión), que continuarán sendo potenciadas polo goberno local e as entidades organizadoras.

 

Na sesión plenaria de onte tamén se deu conta á Corporación municipal dos 147 decretos de Alcaldía ditaminados desde a anterior sesión, así como dos representantes de cada grupo político nas Comisións Informativas.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress