Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Viernes, 26 de julio de 2019 | Leída 52 veces
NATACIÓN

Campionatos de España de natación

Este sábado día 26 comeza o Campionato de España Infantil, e o Club Natación Arteixo asiste con dous nadadores, Antía Gómez Taibo e Miguel Ángel Gómez Mesías...

[Img #49164]

 

Este campionato durará ata o martes 30, e será na barcelonesa piscina de Picornell, icónica instalación sede dos Xogos Olímpicos de Barcelona 92. Neste campionato compiten un total de 790 nadadores/as de toda España.

 

Miguel, de 16 anos, nadará a proba de 100 braza, que se celebrará o domingo. Antía, de 13 anos, nadará cinco probas repartidas nos catro días de competición, 50 e 100 libre, 100 e 200 costas, e 200 estilos. Este evento constará de eliminatorias en sesión de mañán, e finais en sesión de tarde.

 

Por outra banda, a nadadora de categoría alevín, Eva Sánchez Bello, que participou a fin de semana pasada no Campionato de España da súa categoría, voltou con moi boas sensacións e motivada para seguir por este camiño de éxitos.

 

Nadou o domingo en Tarragona, sesión que clausurou o campionato. A proba na que participaba era o 200 costas, e aínda que era a súa primeira participación neste tipo de eventos, nadou atrevida e confiada, quedándose moi cerca da súa mellor marca. Acadou o 17º posto de 12 anos.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress