Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Viernes, 26 de julio de 2019 | Leída 32 veces

As actividades do programa de verán continúan rexistrando altas cifras de participación

O torneo de fútbol 3x3 contou hoxe con 53 rapaces. O luns comezará o campus municipal de baloncesto...

[Img #49163]

 

As actividades que o Concello da Laracha está a organizar e desenvolver no marco do programa cultural e deportivo de verán están a ter un rotundo éxito participativo.

 

O último exemplo foi o torneo de fútbol 3x3 desenvolvido o mércores no campo de fútbol Municipal da Laracha, contando con cincuenta e tres rapaces de idades comprendidas entre aos sete e os catorce anos.

 

O evento tivo unha duración de tres horas e media, desde as 10:00 e ata as 13:30 horas. Os rapaces, divididos en equipos de tres xogadores cada un, disputaron varios encontros durante toda a mañá en campos de dimensións reducidas e con porterías pequenas, sempre baixo a supervisión do técnico de deportes municipal e de monitores especializados.

 

Para as próximas propostas do programa cultural e deportivo de verán tamén se agarda unha alta aceptación por parte da veciñanza larachesa. O luns comezará o campus de baloncesto, dirixido a rapaces de idades comprendidas entre os cinco e os catorce anos. A actividade desenvolverase durante cinco xornadas, ata o venres, no pavillón municipal da Laracha en horario de 10:30 a 13:30 horas.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress