Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Jueves, 25 de julio de 2019 | Leída 57 veces
DIPUTACIÓN DA CORUÑA

54 equipos masculinos e 32 femininos disputarán a 31 edición da Copa de Fútbol Deputación da Coruña

Os clubs repartiranse 243.900 euros en premios en función da súa categoría e dos logros deportivos que acaden ao longo da competición. A deputada de Deportes, Cristina Capelán Cancelo, participou onte no sorteo dos emparellamentos do campionato, que comezará a disputarse o vindeiro 28 de xullo...

[Img #49161]

 

Cincuenta e catro equipos masculinos e trinta e dous femininos disputarán este verán a XXI edición da Copa de Fútbol Deputación da Coruña.

 

Os equipos masculinos pertencen ás categorías de Segunda División B (1 equipo), Terceira División (7 equipos), Preferente Autonómica (13) e Primeira Autonómica (33); mentres que os femininos pertencen á Primeira División Nacional (1 equipo), Segunda División Nacional (2), 1ª División da Liga Galega (5) e 2ª División da Liga Galega (24 equipos).

 

O campionato foi presentado onte pola mañá na sede da institución provincial, nova deputada responsable da Área de Deportes, Cristina Capelán Cancelo, e o presidente da Federación Galega de Fútbol, Rafael Louzán, nun acto no que se sortearon tamén os emparellamentos da competición, que dará comezo o próximo 28 de xullo.

 

Cristina Capelán subliñou a “longa traxectoria” e o “prestixio” do que goza evento deportivo, que permite ademáis aun total de 86 clubs coruñeses “obter uns ingresos que supoñen un importante apoio e lles axudan no sostemento da súa actividade”.

 

“A Copa Deputación é xa un clásico do fútbol coruñés, o torneo con maior participación e un dos que teñen maior arraigo no calendario deportivo do verán. Supón ademáis a antesala das competicións oficiais da nova tempada”, afirmou a deputada, que subliñou o feito de que a Copa Deputación feminina chegue este ano á súa IV edición “consolidándose como un torneo que mostra a importancia do fútbol feminino, pois este ano participa un equipo de Primeira División Nacional (RC Deportivo) e dous de Segunda.


Este ano, a Deputación destina un total de 243.900 euros aos premios, 148.400 € para os 54 equipos masculinos e 95.500 € para os 32 clubs femininos participantes.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress