Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Jueves, 25 de julio de 2019 | Leída 40 veces

Máis de 160 rapaces están inscritos para ser usuarios da aula lúdica municipal durante o verán

Nesta época a actividade trasladouse ás instalacións do CEIP Otero Pedrayo. A media diaria de asistencia alcanza os oitenta nenos...

[Img #49159]

 

A aula lúdica municipal do Concello da Laracha está a rexistrar excelentes cifras de asistencia desde que se adaptou o seu horario ás vacacións de verán unha vez rematado o pasado curso escolar. Actualmente son un total de máis de 160 os rapaces matriculados como usuarios da aula lúdica, estando totalmente cuberto o cupo de prazas dispoñibles.

 

Durante o mes de xullo están a acudir unha media duns oitenta nenos cada día ás instalacións do CEIP Ramón Otero Pedrayo, lugar ao que se trasladou o servizo na época estival xa que ofrece máis espazos e novas posibilidades para organizar actividades.

 

Durante cada xornada os rapaces están en todo momento atendidos por persoal especializado e divididos en catro grupos de idade para realizar simultaneamente diversas actividades didácticas e educativas centradas na arte, o deporte, o xogo libre, a natureza e a sostenibilidade. A programación realízase en consenso polo propio persoal a cargo deste servizo municipal e o Centro de Información ás Mulleres (CIM) da Laracha, polo que tamén se traballan valores como as boas condutas e a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres.

 

Este servizo préstase a través do programa Harmoniza –cofinanciado pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia e o Fondo Social Europeo- e é unha das principais medidas do Concello da Laracha dirixidas ao apoio da vida persoal e laboral das familias con nenos ao seu cargo. O servizo de aula lúdica está en funcionamento de luns a venres, de 9:00 a 14:00 horas durante os meses de verán e non ten custo algún para os seus usuarios. Cando se inicie o curso escolar, recuperarase o horario de tarde habitual e tamén regresarase ás instalación do edificio de servizos múltiples.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress