Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Miércoles, 24 de julio de 2019 | Leída 39 veces

Feijóo destaca que o contrato de 7 buques para Nueva Pescanova por 42,5 M€ é o maior encargo realizado por unha empresa pesqueira española da historia e xerou 200 novos postos de traballo

Salienta que o sector naval galego conta con preto de 38.500 traballadores asociados ao naval e á industria auxiliar, cun 6% máis de afiliación á seguridade social que hai un ano, o que supón un 4,3% do PIB galego. Recorda que, con datos do primeiro trimestre deste ano, dun tal de 58 contratos en toda España, 30 buques son para Galicia. Asegura que pedidos como os de Nueva Pescanova, “fan posible que Galicia conte nestes momentos coa segunda maior carteira de pedidos no continente, só por detrás de Holanda”...

[Img #49151]

 

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, destacou que o contrato de 7 buques para Nueva Pescanova por 42,5 M€ é o maior encargo realizado por unha empresa pesqueira española da historia, e que xerou 200 novos postos de traballo.

 

Fíxo durante a entrega do Lalandii 1, o primeiro buque que entrega Armón do total de 7 que lle encargou Nueva Pescanova, nun acto no que tamén salientou as cifras do naval galego, que conta con preto de 38.500 traballadores asociados ao naval e á industria auxiliar, e cun 6% máis de afiliacións á seguridade social que hai un ano. “As cifras indican que supón –o sector naval- un 4,3% do PIB galego”, dixo, engadindo que o 90% destínase á exportación e que Galicia destaca no resto de España, pois “os 5 primeiros estaleiros privados galegos están no top 10 de estaleiros españois”.

 

Feijóo recordou ademais que todas estas cifras avalan os contratos que está conseguindo o sector naval galego que, con datos do primeiro trimestre deste ano, os pedidos en vigor suman 30 buques dun total de 58 contratos en toda España. É dicir, Galicia conta con algo máis do 50% dos contratos españois.

 

Neste sentido, o titular do Goberno galego asegurou que pedidos como os de Nueva Pescanova a Armón en 2017 -a construción de 7 buques para a renovación da súa frota pesqueira- fan posible que “Galicia conte nestes momentos coa segunda maior carteira de pedidos no continente, só por detrás de Holanda”. Así, aproveitou para recordar que a entrega do buque Lalandii 1 é a primeira dun pedido que inclúe 3 buques arrastreiros para pesca de pescada en Namibia que se construirán nas instalacións de Vigo; e 4 buques conxeladores para a pesca de langostino en Mozambique, dos que 3 se construirán en Burela.

 

Do mesmo xeito, salientou que o buque Lalandii 1 conta con motores de alta eficiencia enerxética, un equipamento que mellora o sistema de procesado a bordo –deseñado para obter a máxima calidade no tratamento de capturas e descartes-, e tamén unha mellor habitabilidade para a tripulación dando cumprimento á normativa internacional de condición de traballo a bordo.

 

Nesta liña, Feijóo aseverou que o liderado dos estaleiros galegos “é froito da diversificación, o talento e a innovación” un vieiro no que, dixo, “conta con todo o apoio do Goberno galego”. Así, recordou os 50 M€ que a Xunta de Galicia leva investidos en apoio ao sector naval nos últimos anos, entre formación e innovación, poñendo en marcha “un plan específico de formación para o sector no que levamos investidos 15,6 M€ en 340 cursos dos que se beneficiaron 3.400 persoas”, subliñou, ao mesmo tempo que nomeou os 35 M€ en apoios á innovación dedicados a “este sector estratéxico”.

 

Ao inicio da súa intervención, o presidente da Xunta afirmou que hoxe era un día importante para falar de confianza: a confianza do sector naval en si mesmo, porque apostou pola innovación para ser máis competitivo; na confianza do sector do mar, que soubo que para a tarefa que encomendaban ao naval, atoparían en Galicia o lugar indicado; e a confianza de Galicia e os galegos nos seus sectores estratéxicos, como son o naval e pesca, porque non só son parte importante do noso tecido produtivo, senón tamén do que somos.

 

Así, e a modo de conclusión, Feijóo afirmou que “a relación de confianza entre estas dúas compañías de referencia no seus sectores –Nueva Pescanova e Armón- certifica o potencial do Galicia Calidade e contribúe a seguir dando pasos para unha Galicia máis innovadora” e para unha Galicia, en definitiva, “que confíe, cada vez máis, nos seus sectores produtivos”.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress