Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Miércoles, 24 de julio de 2019 | Leída 116 veces

O turismo en Galicia medra tamén no inicio do verán cun incremento dos viaxeiros internacionais do 19%

A demanda hoteleira na nosa Comunidade no mes de xuño creceu catro puntos máis que o conxunto do Estado e a rendabilidade hoteleira medrou case un 10%. Ao longo deste mes Galicia recibiu a preto de 500.000 viaxeiros, afianzando así o seu crecemento turístico despois de cinco anos de comportamento positivo...

[Img #49148]

 

A Comunidade galega iniciou o verán afianzando o seu crecemento turístico despois de cinco anos de comportamento positivo e acadando, no mes de xuño, preto de 460.000 viaxeiros. Así se desprende dos datos feitos públicos onte polo Instituto Nacional de Estatística (INE) nos que, ademais, se reflicte que Galicia pechou o mes de xuño cun incremento do 8% no número de turistas.

 

A Enquisa de Ocupación Hoteleira revela que os datos positivos veñen dados, en boa medida, pola chegada de viaxeiros internacionais, que lideran o crecemento. Tanto é así que a Comunidade galega acadou os mellores datos de turistas estranxeiros da súa historia para este período, experimentando un incremento do 19%. Esta cifra tradúcese en que ao longo do mes de xuño os turistas de fóra de España pasaron en Galicia máis de 280.000 noites.

 

Estas boas cifras permiten reforzar os crecementos consecutivos que Galicia viña rexistrando desde que comezou o ano. Trátase de seis meses de incremento que permiten constatar o traballo de desestacionalización impulsado entre a Xunta de Galicia e os profesionais do sector, que está a permitir que os datos de turismo medren tamén en temporada media e baixa.

 

Mellora da ocupación

O incremento no número de turistas ten como consecuencia unha mellora dos niveis de ocupación nos hoteis galegos. Segundo os datos do INE, no mes de xuño este crecemento foi de case dous puntos porcentuais. A cifra elévase aínda máis se falamos das fins de semana.

 

Ao longo do mes de xuño contabilizáronse nos hoteis galegos preto de 870.000 pernoitas, o que supón un crecemento do 6,6% en relación ao mesmo mes do ano 2018. Este incremento posibilita que a situación de Galicia mellorara con respecto ao contexto estatal, xa que supera en catro puntos a subida rexistrada a nivel nacional.

 

Competitividade do sector

Tamén o sector viu mellorados os seus resultados desde o punto de vista económico. Segundo as estatísticas do INE, as tarifas hoteleiras medraron preto dun 4% e a rendibilidade aumentou case un 10% en maio. Así, cos datos coñecidos hoxe, o turismo galego continúa avanzando na boa dirección grazas ao esforzo colectivo do sector e ao compromiso da Xunta de Galicia por traballar nun destino competitivo e desestacionalizado.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress