Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Miércoles, 24 de julio de 2019 | Leída 416 veces

Asteria Comida Real, Arume Arpado e Viñoteca O Refuxio gañan o XIV Concurso «de Tapas por Arteixo»

Unha edición na que participaron 9 locais e na que se venderon máis de 5.000 tapas en dúas fines de semana...

[Img #49138]

 

Onte fíxose entrega dos premios da última edición do tradicional concurso gastronómico da vila, «de Tapas por Arteixo», organizado polo Centro Comercial Aberto de Arteixo. Dos tres premios que se entregaban, un, o do xurado profesional, recaeu con empate sobre o Arume Arpado e a Viñoteca O Refuxio. O premio do xurado popular foi entregado ao Asteria Comida Real. O Arume Arpado, ademais, gañou tamén o premio ao mellor servizo de sala.

 

Os propietarios dos locais asistiron á recollida de premios na Viñoteca O Refuxio, á que tamén acudiron tenete alcalde Jose María Novo e a Concelleira de Promoción Económica Patricia Amado, que lles fixeron entrega dos diplomas.

 

O CCA de Arteixo, da man do seu xerente, Emiliano Cossini, tamén fixo entrega dos talonarios por valor de 300€ en total a distintos membros do «xurado popular» seleccionados ao azar; clientas que co seu voto elixiron a mellor tapa e o mellor servizo.

 

Ademais, Distribucións Cotelo, patrocinador do Concurso de Tapas, entregou 6 caixas de viño entre os votantes do concurso e 4 botellóns magnum, dos viños Torre Lamoreira, Marqués de Cáceres e Marqués de Vizhoja. E BeOne Arteixo entregou tamén un vale trimestral para asistir ás actividades do Centro Deportivo.

 

«O Concurso é sempre un éxito de vendas, e é por iso polo que continuamos levándoo a cabo; a xente o espera con ganas e achégase a probar as tapas», comentaba Emiliano Cossini, que tamén resaltaba a necesidade de implicar a máis xente, a máis locais e seguir mellorando.

 

Para a Concelleira, Patricia Amado, «é importante facer este tipo de iniciativas, tanto o Concurso coma os Seráns en Arteixo, para ofrecer máis e mellores servizos á nosa veciñanza».

 

As tapas gañadoras foron o «Champriñado», da Viñoteca O Refuxio, «Atunéate» do Arume Arpado, e «Bao De pato», do Asteria Comida Real.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress