Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Martes, 23 de julio de 2019 | Leída 50 veces

A Xunta reafirma o seu compromiso de colaboración cos concellos para habilitar servizos de socorrismo nas praias galegas

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, visitou hoxe o servizo de socorrismo de Arteixo. Actualmente, hai preto de 5.700 inscritos no Rexistro profesional de socorristas de Galicia...

[Img #49134]

 

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, reafirmou onte o compromiso da Administración autonómica de colaborar cos concellos galegos na posta en marcha de servizos de socorrismo profesional nas praias galegas.

 

Así o destacou hoxe durante a súa visita ao servizo de socorrismo de Arteixo, na que estivo acompañado do alcalde, Carlos Calvelo; do delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro; e do director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva.

 

A Administración autonómica vén mantendo un compromiso constante durante os últimos anos cos servizos de socorrismo, de competencia municipal. Entre outras iniciativas, colabora na formación, co financiamento de cursos para obter o certificado de profesionalidade ou prestando formación sen custo na Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP); así como tamén convoca anualmente unha orde a través da que se pode subvencionar a contratación destes profesionais. Ademais, desde 2012 está habilitado o Rexistro profesional de socorristas de Galicia, no que a día de hoxe hai preto de 5.700 inscritos.

 

A maiores da formación e as axudas á contratación, cómpre destacar tamén que Xunta está a dotar de material de rescate acuático as costas galegas grazas á colaboración coas Agrupacións de voluntarios de Protección Civil. En concreto, este investimento suma nos últimos anos 1,1 millóns de euros. Por exemplo, en Arteixo recibiuse a través deste procedemento unha embarcación, entre outro material para a atención ás emerxencias.

 

O Goberno galego está atento ás necesidades e demandas actuais do socorrismo en busca das mellores solucións. Nos últimos meses vén mantendo contactos constantes con todos os actores implicados, como a propia Federación de Salvamento e Socorrismo de Galicia (FESSGA), Cruz Vermella ou a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp). Precisamente, na reunión coa Fegamp avaliáronse posibles alternativas como a creación dunha nova figura de auxiliar, como sucede coa Policía Local, para complementar o traballo que levan a cabo os socorristas e con menores requisitos de formación; ou a posta en marcha dunha bolsa centralizada de selección de socorristas na Academia Galega de Seguridade Pública, como se está facendo na actualidade cos secretarios, interventores e tesoureiros das entidades locais e cos policías locais de Galicia.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress