Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Martes, 23 de julio de 2019 | Leída 89 veces
NATACIÓN

Travesía a nado no porto de Suevos

Un ano máis estamos cerca dunha nova edición da xa tradicional Travesía de Suevos, Memorial Marina Álvarez. Será a decimoterceira edición, e un ano máis formará parte do Circuíto Galego de Augas Abertas co percorrido de 2500 metros, mantendo tamén os percorridos máis populares de 800 e 200 metros…

[Img #49133]

 

Dita Travesía será organizada polo Club Natación SARVAL Arteixo e coa colaboración do Excmo. Concello de Arteixo.

 

Celébrase o sábado 27 de xullo ás 12:00 da mañá no Porto de Suevos. O evento contará con tres percorridos, de 2500, 800 e 200 metros, este último dirixido só ós máis pequenos/as.

 

O evento será rexido pola normativa do Circuíto Galego de Augas Abertas, no que hai un apartado específico de uso de neopreno (bañador térmico):

 

  • Na proba de 2500: Se a temperatura da auga é de 20º ou máis está prohibido o uso de bañadores térmicos, se é entre 18ª e 20ª será optativo e se a temperatura é inferior a 18º será obrigatorio para os que participen no Circuíto Galego de Augas Abertas.
  • Na proba de 800: Se a temperatura da auga é de 20º ou máis está prohibido o uso de bañadores térmicos, se é inferior a 20º será optativo.

 

As inscricións poderán realizarse até o xoves día 25 de xullo, na páxina web de Champion Chip Norte https://championchipnorte.com.

 

O CNA ten a disposición dos asistentes a posibilidade de comer ó rematar a proba, farán unha gran paella, por encargo, con un custo de 5 euros con pan e bebida incluidos. Para facer encargos pódese chamar ó teléfono do club 652 542 548, ou facelo por correo electrónico info@natacionarteixo.com.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress