Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Martes, 23 de julio de 2019 | Leída 104 veces
A LARACHA

San Román, campión do 34º torneo “Concello da Laracha” de peñas de fútbol

Venceron na final a Canteras El Pozo na quenda de penaltis. Coiro foi terceiro clasificado e San Ramón, cuarto...

[Img #49128]

 

Por segundo ano consecutivo San Román proclamouse campión do torneo “Concello da Laracha” de peñas de fútbol, que neste ano alcanzou a súa trixésimo cuarta edición. O conxunto da parroquia de Cabovilaño impúxose nos penaltis a Canteras El Pozo, da parroquia de Soandres, tras igualar a un gol durante o tempo regulamentario no encontro disputado o domingo no campo Municipal da Laracha ante uns 150 espectadores.

 

O partido estivo condicionado polo respecto que se tiñan ambos conxuntos e que significou que non se tomaran riscos atacando durante boa parte dos noventa minutos. Por iso primou a fortaleza física dos xogadores sobre as calidades técnicas.

 

Ambos tantos chegaron a balón parado. Na primeira metade a única ocasión clara foi o penalti a favor do San Román que Mario converteu en gol (1-0) pouco antes do descanso.

 

Nos primeiros minutos da segunda metade Canteras El Pozo igualou cun espectacular disparo directo de falta de Jesús que se colou pola escuadra (1-1). Foi un gol doutro partido, xa que ata ese momento o xogo directo estaba a ser constante.

 

A emoción mantívose ata o final porque as ocasións máis claras chegaron nos últimos cinco minutos e puideron decantar o marcador para calquera lado. Primeiro foi Mauricio, o porteiro do San Román, quen voou para desviar un remate de cabeza e, instantes despois, foi Alex, gardameta do Canteras El Pozo, quen, coa axuda dun defensa, desviou un balón que botara na liña de meta tras golpear no longueiro. Gol pantasma que foi reclamado pola afección do conxunto da parroquia de Cabovilaño.

 

Na quenda dos lanzamentos de penalti de novo os porteiros foron protagonistas. Mauricio atallou dous disparos e Alex foi quen de deter un, pero foi insuficiente. Jonathan marcou o tanto definitivo para darlle a vitoria á peña de San Román.

 

Os trofeos foron entregados polo tenente alcalde, José Ramón Martínez Barbeito, a concelleira de Deportes, Patricia Bello, e a edil Begoña Domínguez. Ademais dos conxuntos protagonistas da gran final, a peña de Coiro levouse premio do terceiro posto e San Román, o cuarto.

 

[Img #49129]

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress